Glosario do tema do relevo


Termos oficiais das ABAU

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

A

Aluvión

Material detrítico arrastrado polos ríos e depositado no curso baixo cando diminúe a velocidade das augas. Esta formado por material moi fino: areas gravas, limos. Dá lugar á formación de depósitos sedimentarios: chairas aluviais, que son potencialmente inundables cando hai augas altas, deltas e conos.


C

Cordilleiras de pregamento

Son un conxunto de montañas producidas por un movemento oroxénico que implica un choque de placas. As cordilleiras de pregamento máis recentes na Península Ibérica son os Pirineos e as Cordilleiras Béticas producidas polo achegamento da placa euroasiática e a africana. Ante este empurre tectónico os materiais depositados no xeosinclinal, de tipo sedimentario, son pregados dando lugar a unha sucesión de anticlinais e sinclinais


Cuncas sedimentarias

Áreas afundidas do zócolo ou depresións entre cadeas de pregamento que son colmatadas polo material detrítico arrastrado polos ríos. En España temos dúas cuncas sedimentarias de tipo alpino (Ebro e Guadalquivir) e outras que se localizan sobre o macizo Hespérico ( Duero, Tajo, Guadiana)
A paisaxe resultante é unha chaira de pouca altura ou unha superficie de suaves ondulacións onde se localizan formas de relevo tabular: campiñas, páramos e cerros testemuña


F

Foz

Unha forma do relevo frecuente nas áreas kársticas caracterizada por ser un val de paredes verticais, moi estreito, creado pola acción erosiva dun curso fluvial que vai profundizando o seu curso.


M

Macizos antigos

Son un conxunto de montañas antigas, de cumios redondeados, orixinadas era precámbrica ou primaria, que foron erosionadas e peniplanizadas no Mesozoico e tras a última oroxenia alpina, na era terciaria, experimentaron procesos de rexuvenecemento (relevo apalachense) ou fracturacións, constituíndo o denominado relevo xermánico. O material do que están compostos é duro, cristalino, magmático e metamórfico (lousas, xistos, cuarcitas,..)


Meseta

Unha forma do relevo que se caracteriza por superficies planas, ou lixeiramente inclinadas, de grande extensión e elevadas, a máis de 500 m. En España, a Meseta Central é a unidade que organiza o relevo peninsular. Neste caso, a meseta é a forma plana que presenta o antigo Macizo Hespérico, visible na parte occidental, mentres que na parte oriental a forma plana corresponde con material sedimentario de tipo calcario e arxiloso que se superpón sobre o Macizo Hespérico


R

Ría

Forma do relevo costeiro que se caracteriza por ser un val asulagado polo mar despois dunha variación do nivel mariño. Estruturalmente estamos ante un val tectónico no que se instala un curso fluvial que pasa a ser invadido polo mar despois da última glaciación. Tamén podemos ter unha ría como resultado da erosión diferencial, neste caso as rías adoptan a ter unha menor superficie e unha forma redondeado ou alveolar


T

Tectónica de placas

Teoría que explica a formación do relevo actual como unha consecuencia do movemento das placas nas que se subdivide a codia terrestre. Segundo esta teoría hai placas oceánicas e continentais. Nas dorsais oceánicas prodúcese aportación de material do interior da Terra e unha expansión dos fondos oceánicos, mentres que nas fosas oceánicas ten lugar o movemento de subducción onde chocan dúas placas e nas que unha se introduce por debaixo da outra. Este choque dá lugar á formación de montañas, a fenómenos volcánicos e a movementos sísmicos.


Tómbolo

Forma da costa que consiste en unha península que une unha antiga illa ao continente a través dun brazo de area. A existencia de correntes mariñas contrapostas crea unha acumulación de area que acaba por soldar unha illa próxima á costa ao continente.


Z

Zócolo

Unha estrutura do relevo moi antigo, de era precámbrica ou primaria, que se corresponde con rochedo cristalino magmático ou metamórfico e que constitúe a base do relevo actual.