GLOSARIO
Para ir definindo e precisando
Todas as categorías |
ASPECTOS BIOLÓXICOS DA MORTE |
---|
Célula eucariotaCaracterízase por ter un núcleo rodeado por unha membrana. Son máis grandes e presentan unha maior complexidade que as procariotas. Poden reproducirse de forma asexual ou ben, en organismos complexos como o ser humano, de modo sexual . | |
Célula HeLaA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais. Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación | |
Célula procariotaSon células carentes de núcleo, cunha estructura moi simple, o seu ADN encóntrase no citoplasma onde non se aprecian orgánulos agás os ribosomas. Teñen bastante resistencia ás condicións externas adversas. As bacterias pertencen a este grupo. Considérase que son as células que ao longo dun proceso evolutivo de 1500 millóns de anos deron lugar a outras máis complexas, as células eucariotas, que posibilitaron a multiplicidade de organismos. | |
Ensañamento terapéuticox | ||
Estados vexetativosO suxeito non ten percepción do seu ser nin do seu contorno, ten perdido o que o identifica como persoa respecto á comunicación, conciencia e afectividade. Tipos: Segundo Wikler "cando queda abolida totalmente a conciencia a persoa desaparece quedando vivo o corpo que a albergou" . | ||
Liímite de HayflickÉ o número máximo de divisións das células eucariotas antes de morrer por apoptose. Este máximo está definido para cada especie, no caso da humana rolda as cincuenta divisións en células sanas o que supón que o tempo potencial de vida dos humanos non pode superar moito os 125 anos. | ||
Morte biolóxicaÉ a morte do ser coma organismo biolóxico. Pode que certos órganos do corpo como pulmóns ou corazón sigan a funcionar mediante axuda externa con máquinas artificiais pero o individuo como conxunto mente-corpo está morto, non ten ningún tipo de conciencia, e o cerebro non ningún tipo de actividade vital. Nos seguintes cadros esquematízanse algunhas das diferentes posibilidades de coincidencia no tempo entre a morte biolóxica e as outras mortes. (Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) | ||
Morte cerebralA morte encefálica foi o resultado do informe do Comité de Harvard (integrado por dez médicos coa asistencia dun abogado, un historiador e un teólogo) que aconsella en 1968 unha nueva definición de morte baseada na irreversibilidade do dano cerebral producido (JAMA 5/08/1968). Ao falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica. Pode existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando. Para determinar a defunción se aprecia o rexistro plano dun electroencefalograma polo menos durante oito horas, sempre que se descarten circunstancias de hipotermia (30 a 32,2 ºC), por causas externas ou por inxesta de drogas depresoras en cantidades anestésicas ou terapéuticas que podrían simular unha morte cerebral. Cómpre establecer unha diferenza cos estados vexetativos, de intensidade variable, onde o dano neurolóxico pode ser menor de modo que non se cumplan os criterios establecidos para determinar a morte encefálica. No estado vexetativo persitente non existe percepción dun mesmo nin da contorna (ata un mes) pero non hai certeza da irreversibilidade. O estado vexetativo permanente engade ao anterior a irreversibilidade e diagnostícase pasados tres meses desde o dano non traumático ou doce meses no caso de dano traumático. Encaixa no paradigma de morte cerebral. | |
Morte fisiolóxicaProdúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles. Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo. Véxase morte biolóxica para comprender a diferenza. | ||