Todas as categorías

Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS

ASPECTOS BIOLÓXICOS DA MORTE

Apoptose

 Morte celular programada.U.S. National Library of Medicine

Hai varios tipos de morte celular, a apoptose é unha morte "limpa" xa que non se produce inflamación, os restos da célula que se suicida son aproveitados por outras e os elementos tóxicos da mesma son "empaquetados".

É un proceso moi útil para evitar que a célula siga dividindose cando o seu ADN está danado e deste modo non se pasa o problema á proxenie.

O cancro é o resultado de células que non son quen de suicidarse pondo en perigo a todo o organismo.


Célula eucariota

x

Célula HeLa

Henrietta LacksA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais.
Como as descubrimos e o seu nome merecen seguir lendo:
A muller da fotografía, Henrietta Lacks, morreu en 1951 dun cancro de útero. O normal é que en poucas horas todas as súas células fosen morrendo, pero unha mostra das súas células tumorales tomada para análise perpetúanse nos laboratorios de todo o mundo e son de especial utilidade para o estudo e curación de moitas enfermidades como a pliomielite.

Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. 

Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación


Célula procariota

x

Ensañamento terapéutico

x

Estados vexetativos

O suxeito non ten percepción do seu ser nin do seu contorno, ten perdido o  que o identifica como persoa respecto á comunicación, conciencia e afectividade.

Tipos:
Estado vexetativo persistente,  ata un mes de duración, non implica irreversibilidade.
Estado vexetativo permanente,  cando a duración é superior a tres meses ou doce se a causa foi un traumatismo, inclúe a irreversibilidade do proceso.

Segundo Wikler "cando queda abolida totalmente a conciencia a persoa desaparece quedando vivo o corpo que a albergou" .

Máis información


Liímite de Hayflick

É o número máximo de divisións das células eucariotas antes de morrer por apoptose. Este máximo está definido para cada especie, no caso da humana rolda as cincuenta divisións en células sanas o que supón que o tempo potencial de vida dos humanos non pode superar moito os 125 anos.


Morte biolóxica

É a morte do ser coma organismo biolóxico.

Pode que certos órganos do corpo como pulmóns ou corazón sigan a funcionar mediante axuda externa con máquinas artificiais pero o individuo como conxunto mente-corpo está morto, non ten ningún tipo de conciencia, e o cerebro non ningún tipo de actividade vital.

Nos seguintes cadros esquematízanse algunhas das diferentes posibilidades de coincidencia no tempo entre a morte biolóxica e as outras mortes.

morte biolóxicamorte biolóxica

(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho)


Morte cerebral

Ao falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral  ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica.

Nestes casos segue a existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando.

"La muerte encefálica fue el resultado del informe del Comité de Harvard (integrado por diez médicos con la asistencia de un abogado, un historiador y un teólogo) que aconseja en 1968 una nueva definición de muerte basada en la irreversibilidad del daño cerebral producido (JAMA 5/08/1968)." Dr. Carlos R. Gherardi.

máis información


Morte fisiolóxica

Prodúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles.

Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo.



Páxina:  1  2  3  4  (Seguinte)
  TODAS