GLOSARIO XERAL SOBRE A MORTE
Para ir definindo e precisando
Todas as categorías |
ASPECTOS BIOLÓXICOS DA MORTE |
---|
Célula eucariotax | |
Célula HeLaA diferenza doutras células de humanos que envellecen e morren logo dunhas 50 divisións, as chamadas células HeLa non se morren, nin sequera envellecen cando se lles prové das condicións necesarias para vivir, ata fóra dun corpo humano, válelles un tubo de ensaio. Son potencialmente inmortais. Parece ser que hai hoxe máis células de Henrietta que as que na súa vida formaban o seu corpo. Ler máis sobre a circunstancias de Henrietta e esta investigación | |
Célula procariotax | |
Ensañamento terapéuticox | ||
Estados vexetativosO suxeito non ten percepción do seu ser nin do seu contorno, ten perdido o que o identifica como persoa respecto á comunicación, conciencia e afectividade. Tipos: Segundo Wikler "cando queda abolida totalmente a conciencia a persoa desaparece quedando vivo o corpo que a albergou" . | ||
Liímite de HayflickÉ o número máximo de divisións das células eucariotas antes de morrer por apoptose. Este máximo está definido para cada especie, no caso da humana rolda as cincuenta divisións en células sanas o que supón que o tempo potencial de vida dos humanos non pode superar moito os 125 anos. | ||
Morte biolóxicaÉ a morte do ser coma organismo biolóxico. Pode que certos órganos do corpo como pulmóns ou corazón sigan a funcionar mediante axuda externa con máquinas artificiais pero o individuo como conxunto mente-corpo está morto, non ten ningún tipo de conciencia, e o cerebro non ningún tipo de actividade vital. Nos seguintes cadros esquematízanse algunhas das diferentes posibilidades de coincidencia no tempo entre a morte biolóxica e as outras mortes. (Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) | ||
Morte cerebralAo falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica. Nestes casos segue a existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando. "La muerte encefálica fue el resultado del informe del Comité de Harvard (integrado por diez médicos con la asistencia de un abogado, un historiador y un teólogo) que aconseja en 1968 una nueva definición de muerte basada en la irreversibilidad del daño cerebral producido (JAMA 5/08/1968)." Dr. Carlos R. Gherardi. | |
Morte fisiolóxicaProdúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles. Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo. | ||