Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

N

Necrose

Fálase de necrose celular cando a morte da célula produce restos que van dexenerando e danando ao organismo. Non se da o "empaquetado" dos elementos tóxicos resultantes como ocorre na apoptose. É unha morte accidental, non preparada, é coma se estoupara a célula por ruptura da membrana plasmática.


Neurose de anticipación

É un tipo de trastorno relacionado con estados de ansiedade, angustia ou pánico.

A diferenza dun temor normal, o temor neurótico dáse  como reflexo ante un futuro contratempo.

O temor só é útil cando permite unha fuxida física do dano, unha evitación do perigo, pero cando, como no caso da morte, isto non é posible, o temor é máis ben prexudicial.


Noxa letal

Entendese por noxa calquera elemento que afecta á saúde e supervivencia do individuo.

A noxa pode ser de orixe biolóxico (exemplo: virus, bacterias), químico (velenos), físico (radiacións), ambientais (fame) ou social (guerras, violencia, fame).

O organismo pódese repoñer total ou parcialmente do efecto nocivo da noxa. Dise noxa letal cando esta impide toda recuperación e conduce inevitablemente á morte.