GLOSARIO
Para ir definindo e precisando
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
M |
---|
Morte cerebralA morte encefálica foi o resultado do informe do Comité de Harvard (integrado por dez médicos coa asistencia dun abogado, un historiador e un teólogo) que aconsella en 1968 unha nueva definición de morte baseada na irreversibilidade do dano cerebral producido (JAMA 5/08/1968). Ao falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica. Pode existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando. Para determinar a defunción se aprecia o rexistro plano dun electroencefalograma polo menos durante oito horas, sempre que se descarten circunstancias de hipotermia (30 a 32,2 ºC), por causas externas ou por inxesta de drogas depresoras en cantidades anestésicas ou terapéuticas que podrían simular unha morte cerebral. Cómpre establecer unha diferenza cos estados vexetativos, de intensidade variable, onde o dano neurolóxico pode ser menor de modo que non se cumplan os criterios establecidos para determinar a morte encefálica. No estado vexetativo persitente non existe percepción dun mesmo nin da contorna (ata un mes) pero non hai certeza da irreversibilidade. O estado vexetativo permanente engade ao anterior a irreversibilidade e diagnostícase pasados tres meses desde o dano non traumático ou doce meses no caso de dano traumático. Encaixa no paradigma de morte cerebral. | |
Morte fisiolóxicaProdúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles. Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo. Véxase morte biolóxica para comprender a diferenza. | ||
Morte legalA morte legal resulta do recoñecemento oficial "do cesamento permanente (ou irreversible) do funcionamento integrado do organismo como conxunto (CAPRON 1999). Tal definición conduce a considerar morto a quen perdeu aquelas funcións reguladoras do organismo como conxunto, a pesar de que outras actividades orgánicas, como o crecemento dalgúns tecidos, e outras funcións metabólicas residuais se mantéñan durante algún tempo tras a declaración da morte." (David Rodríguez-Arias. 2008) | |
Morte neumocardíacaVén orixinada por unha inactividade do corazón e dos pulmóns que deixan de subministrar osíxeno e enerxía ao cerebro e ao resto do organismo. Os criterios tradicionais de detección da morte son a detención do pulso e do corazón, ausencia de respiración espontánea, falta de receptividade e de reaccións aos estímulos sensoriais, perda absoluta da conciencia, dilatación das pupilas de ambos os ollos, atonía muscular e carencia de reflexos. | |
Morte persoalA morte persoal, chamada tamén morte biográfica, é defendida entre outros autores por Green e Wikler en 1980 e un número significativo de bioéticos que manteñen que a morte dun ser humano non pode definirse pola perda das súas funcións orgánicas senón pola imposibilidade de recuperar as capacidades máis esenciais da natureza humana, é dicir, a conciencia, a personalidade, volición e cognición, é dicir, a identidade persoal. O concepto de persoa que se vén manexando no Código Cívil difire do explicado aquí. No Título II, Capítulo I, nos seguintes artigos dise: "El nacimiento determina la personalidad; pero el concebido se tiene por nacido para todos los efectos que le sean favorables, siempre que nazca con las condiciones que expresa el artículo siguiente." "Para los efectos civiles, sólo se reputará nacido el feto que tuviere figura humana y viviere veinticuatro horas enteramente desprendido del seno materno." | ||
Morte psicolóxicaPode coincidir coa biolóxica ou precedela. Está en relación coa certeza da inminencia da propia morte. Dependendo de diversos factores pode producir máis ou menos sufrimento na persoa morrente. Nalgunha medida, cando se da aceptación do proceso de morrer, pode supoñer un certo alivio aínda que as veces este rexeitamento a seguir vivindo é mal considerado polos familiares e reprobado pola sociedade. (Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) A morte pisicolóxica vai acompañada dun retraimento da persoa enferma cara a dentro, é como unha desconexión do mundo exterior. Outros autores non se refiren tanto a morte psicolóxica como a morte psíquica entendendo esta como a ausencia da conciencia do tempo e do espazo, dando lugar a unha incomunicación total coa conseguinte angustia do seu medio grupal. | ||
Morte socialM. Gómez Sancho definea como a separación do enfermo dos demais. Trátase á persoa como se estivese morta antes de que se produzan os outros tipos de morte. Dáse con asiduidade en quen padece enfermidades vergoñentas como en momentos foi a SIDA. A persoa pode sentir que perdou o seu significado como suxeito humano para os outros. Na actualidade, ao caer as antiguas expresións ritualizadas, dase a miúdo unha incapacidade para exprasarse co enfermo/a que mesmo leva a inhibirnos na relación con el ou ela propiciando así a morte social. (Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) Este concepto pode aplicarse non só a persoas enfermas senón tamén a anciás e suxeitos con alto grado de marxinalidade social. | ||