VOCABULARIO XERAL DA MATERIA
Aquí están os termos que se piden na proba da ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
E |
---|
EncadramentoTamén coñecido como encasillamento, era o proceso durante o sistema da quenda, base do modelo canovista, polo cal o Ministro de gobernación colocaba nas cuadriculas correspondentes a cada distrito electoral o nome dos candidatos do partido conservador ou liberal que o goberno podía permitir que saíran escollidos nas eleccións en aras de que a quenda electoral se cumprira e o partido do novo goberno tivera unha ampla maioría parlamentaria nas Cortes
| ||
Estatuto RealCarta outorgada promulgada pola raíña rexente María Cristina de Borbón no nome da súa filla Isabel II, en 1834, durante o goberno de Maetínez de la Rosa, como concesión aos liberais moderados por apoiala no contexto da Primeira guerra carlista. Supón a implantación dun réxime a medio camiño entre o liberalismo doutrinario e o absolutismo que non contentou a ningún dos partidos liberais. Foi unha convocatoria a Cortes onde se contemplaba a creación de dúas cámaras (Próceres e Procuradores) a través dun sistema de elección moi restrinxida. No deseño destas Cortes tivo influencia o modelo político británico.
| ||
Expediente PicassoInforme encargado ao xeneral Picasso para depurar as responsabilidades do Desastre de Annual. As conclusións do informe debían presentarse antes as Cortes, pero o pronunciamento de Primo de Rivera impediuno. As súas conclusións indicaban casos graves de corrupción entre os mandos militares españoles en Marrocos, mala preparación das tropas e rumores de implicación de Afonso XIII no desastre. O golpe de Primo de Rivera aparece así como o único recurso que lle quedaba ao rei para evitar o desprestixio da monarquía.
| ||