"O dó non é un estado, senón o proceso de experimentar reaccións psicolóxicas, sociais e físicas ante a percepción dunha perda" Esta é a concepción dinámica que recolle C. Poch: La muerte y el duelo en el contexto educativo.
PSIQUIATR. Pódese recoñecer, con D. Lagache e M. Hanus, un duelo normal, un duelo complicado e un duelo patolóxico.
Se o primeiro resólvese bastante rapidamente, pasando sucesivamente polas fases de angustia, de depresión e de adaptación, grazas aos procesos de desinvestidura, de interiorización e de identificación co obxecto desaparecido, de culpabilidade e logo, de separación final, non sucede o mesmo nos outros dous, que pertencen ao cadro da patoloxía psíquica.
O dó complicado caracterízase por un bloqueo do traballo [ver traballo de dó] que prolonga da fase depresiva, reaccións de tensións (con posibilidade de manifestacións psicosomáticas graves) e pasaxes ao acto suicida particularmente frecuentes.
O dó patolóxico desemboca na enfermidade mental. Os seus síntomas característicos son un atraso na aparición da aflición e logo unha prolongación da súa evolución mais alá dos dous anos e unha ameaza real sobre a saúde psíquica. Pode tratarse dunha verdadeira psicose melancólica ou maniaca (teima de dó con negación da perdida) ou dun dó obsesivo, ou ata dunha histeria de dó. Nesta ultima forma, bastante frecuente, a persoa en dó compórtase coma se o defunto seguise estando vivo. Fálalle, garda o seu sitio na mesa, a súa cama e a súa habitación con todos os seus aveños persoais, nun marco imaxinario de case-realidade, verdadeiro lugar de supervivencia. A identificación co desaparecido tradúcese na reprodución máis ou menos inconsciente dos seus síntomas, con risco de chegar a perturbacións somáticas de conversión ás veces moi graves. A identificación fixouse e fai necesario que o paciente inicie unha psicoterapia para que o seu dó poida ser mobilizado e para que sexa elaborado ata a súa evolución final.
En efecto, as formas complicadas e patolóxicas do dó deben tratarse o mais precozmente posible, primeiro mediante tratamentos específicos para os estados depresivos ou maniacos, logo mediante terapias de inspiración psicoanalítica, que normalmente deben acompañarse de medidas de readaptación social e afectiva. J.P.
Tomado de Diccionario de Psicoloxía. Ediciones del Prado
Saber máis