VOCABULARIO XERAL DA MATERIA
Aquí están os termos que se piden na proba da ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
C |
---|
CantonalismoDurante a Primeira República española, os federalistas intransixentes, moi vencellados á ideoloxía anarquista, no sentido de estruturar a sociedade en torno a unha adhesión voluntaria das comunas en torno a un proxecto común, proclamaron en xullo de 1873 a independencia política do cantón de Cartagena, sendo imitado por outras localidades de Andalucía e Levante, antes de que se definira a Consitutción republicana e o seu modelo territorial. O cantonalismo enfrontouse ao goberno republicano e deu lugar a un conflito militar, complicando cun problema máis o período político republicano, enfrontado aos carlistas e insurxentes cubanos. | ||
Carta de poboamentoDocumento que permitía a unha comunidade de persoas repoboar núcleos de poboación a cambio de privilexios forais e manter un estatuto de liberdade fronte ao control feudal. Era unha das modalidades que se seguiron, entre os séculos X e XIII, para repoboar as vilas e os burgos de nova fundación, dependentes do monarca, dende o val do Duero e Ebro ata o sur peninsular, e poñer en cultivo as terras conquistadas ao mundo musulmán. Estas cartas, concedidas polo monarca, permitiron o nacemento de burgos e, dende un punto de vista político, constituíron unha forma de equilibrio fronte ao dominio señorial. | ||
CastroAsentamento fortificado prerromano formado por casas de tipo circular ou elípticas que adoita situarse a media ladeira ou nun promontorio que facilite a súa defensa e o control visual do territorio. Aparecen no noroeste peninsular cara o século VIII a.c., continúan existindo baixo a dominación romana, chegando ata o século II d.C., momento no que comezan a ser abandonados. A cultura castrexa é unha cultura indíxena do ferro que formaría parte do universo cultural influenciado polos pobos celtas, perceptible no traballo do metal, a lingua e as formas artísticas. Coa chegada dos romanos a morfoloxía dos castros tamén experimenta a súa influencia ampliando o tamaño do poboado, adoptando as casas de planta cadrada e unha certa ordenación das casas no interior do recinto amurallado. | |
Catastro de EnsenadaRexistro de poboación, elaborado durante o reinado de Fernando VI polo Marques de Ensenada, a partir de 1750 e ata 1756, coa intención de coñecer a riqueza que había en cada familia para sanear a Facenda Real, racionalizar a complexidade da tributación e facela máis xusta, substituindo as rendas provinciais por unha contribución única proporcional á riqueza recollida no informe catastral. Para a elaboración dese informe foi preciso nomear a numerosos comisionados que entrevistaron a cada cabeza de familia da coroa de Castela para saber a súa riqueza patrimonial. Quedaron fóra deste censo os territorios do Señorío de Vizcaya, Navarra e Canarias, así como o reino de Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares. Este proxecto de reforma fiscal fracasou pola oposición dos estamentos privilexiados. | ||
CEDAFormación política presidida por Gil Robles e fundada en 1932. A Confederación Española de Dereitas Autónomas aglutinaba durante a II República aos monárquicos afonsinos e católicos coa intención de unir á oposición política en contra do reformismo de Azaña, sendo a forza política maioritaria de dereita. Gañou as eleccións de novembro de 33 e apoiou parlamentariamente ao goberno do republicano radical Lerroux. No ano 34, forzou o nomeamento de tres ministros da súa formación o que deu orixe á revolución de Asturias en outubro do 34. Foi disolta por Franco no Decreto de unificación de 1937. | ||
Contubernio de MunichReunión da oposición interior ao franquismo e a oposición no exilio, salvo os comunistas que non foron convidados, aproveitando a celebración da Asamblea do Movemento Europeo na primavera de 1962. Recibe este apelativo de contubernio porque así foi como titulou despectivamente o diario Arriba a reunión. A España franquista para consolidar internacionalmente o réxime ía presentar a súa solicitude para entrar na CEE. Os opositores reunidos en Munich e encabezados por Salvador de Madariaga fixeron un chamamento internacional para que as institutcións europeas vetaran ese posible ingreso toda vez que en España non había democracia. A reacción do réxime franquista foi a de organizar actos de adhesión á Franco e de condena aos políticos españois presentes na reunión, entre eles José María Gil Robles | ||
ConventusUnha das subdivisións territoriais inferiores á provincia que aparecen co imperio romano. Esta división territorial tería unha finalidade de tipo xurídico. Os conventus eran as asembleas presididas polo representante do gobernador da provincia que estaban encargadas de administrar a xustiza, recaudar os impostos e xestionar o culto ao emperador. A provincia Tarraconensis dividíase en sete conventus dos que tres estaban no territorio que máis tarde se denominaría Gallaecia. Gallaecia quedou subdividida en tres conventus: o Conventus bracarense, o Conventus lucense e o conventus asturicense. Estaríamos ante a primeira división administrativa da historia de Galicia. | |
conversoDenominación aplicable a aquela persoa que, tendo con anterioridade outras creencias relixiosas, convértese por obrigación ou de xeito voluntario ao cristianismo (recibindo a denominación de “cristianos novos”) por medio do bautismo. En 1492 os Reis Católicos obrigaron a converterse aos xudeos (os chamados xudeoconversos) e a partir de 1502, aos musulmáns (denominados mouriscos tras esta data). Xentes de ambos colectivos seguiron practicando os seus cultos en segredo, pese a ameaza de ser castigados coa expulsión e a persecución da Inquisición por herexes. | |