VOCABULARIO XERAL DA MATERIA
Aquí están os termos que se piden na proba da ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
AfrancesadoMinoría ilustrada e liberal que apoiaba o goberno de Xosé I Bonaparte no contexto da Guerra de independencia (1808-1814) xa que consideraban que o reformismo autoritario liberal napoleónico era a vía máis indicada para reformar e modernizar España. O termo ten connotacións pexorativas. Coa devolución do trono a Fernando VII os afrancesados foron perseguidos e tiveron que exiliarse.
| |
AgrarismoMovemento reivindicativo e de protesta acontecido na España rural, en especial, en Andalucía e Galicia. No sur peninsular, as revoltas protagonizadas polos xornaleiros e influenciadas polo anarquismo, ocuparon latifundios, queimaron colleitas e atacaron a propiedade privada dos terratenentes. Estas accións de carácter espontáneo sacuden periodicamente esta zona rematando sempre cunha dura represión. En Galicia, as reivindicacións están orientadas a conseguir a redención dos foros e criticar a negativa influencia do caciquismo na modernización e defensa dos sectores produtivos propios. Destaca Acción Galega de Basilio Álvarez na segunda década do s. XX | |
Antigo RéximeSistema político, social e económico que domina en Europa dende o s. XV ata finais do s. XVIII, caracterizado polo predominio dunha economía agraria de subsistencia, unha sociedade de tipo señorial, dividida en estamentos, e unha concentración do poder político en mans dun monarca absoluto. Este sistema será criticado polos pensadores da Ilustración e caerá coa vaga das revolucións liberais do s.XIX. | |
Aula RexiaÓrgano ou institución creada en época visigoda atribuída a Leovigildo que facía as funcións dun consello real. Os seus membros son designados polo rei, ten carácter consultivo e xurde para auxiliar ao rei nas tarefas de goberno, elaborar as leis e impartir da xustiza. A monarquía visigoda tiña un carácter electivo e mantiña unha dependencia intensa respecto das familias nobiliarias. | |