VOCABULARIO XERAL DA MATERIA
Aquí están os termos que se piden na proba da ABAU
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
AfrancesadoMinoría ilustrada e liberal que apoiaba o goberno de Xosé I Bonaparte no contexto da Guerra de independencia (1808-1814) xa que consideraban que o reformismo autoritario liberal napoleónico era a vía máis indicada para reformar e modernizar España. O termo ten connotacións pexorativas. Coa devolución do trono a Fernando VII os afrancesados foron perseguidos e tiveron que exiliarse.
| |
AgrarismoMovemento reivindicativo e de protesta acontecido na España rural, en especial, en Andalucía e Galicia. No sur peninsular, as revoltas protagonizadas polos xornaleiros e influenciadas polo anarquismo, ocuparon latifundios, queimaron colleitas e atacaron a propiedade privada dos terratenentes. Estas accións de carácter espontáneo sacuden periodicamente esta zona rematando sempre cunha dura represión. En Galicia, as reivindicacións están orientadas a conseguir a redención dos foros e criticar a negativa influencia do caciquismo na modernización e defensa dos sectores produtivos propios. Destaca Acción Galega de Basilio Álvarez na segunda década do s. XX | |
Antigo RéximeSistema político, social e económico que domina en Europa dende o s. XV ata finais do s. XVIII, caracterizado polo predominio dunha economía agraria de subsistencia, unha sociedade de tipo señorial, dividida en estamentos, e unha concentración do poder político en mans dun monarca absoluto. Este sistema será criticado polos pensadores da Ilustración e caerá coa vaga das revolucións liberais do s.XIX. | |
Aula RexiaÓrgano ou institución creada en época visigoda atribuída a Leovigildo que facía as funcións dun consello real. Os seus membros son designados polo rei, ten carácter consultivo e xurde para auxiliar ao rei nas tarefas de goberno, elaborar as leis e impartir da xustiza. A monarquía visigoda tiña un carácter electivo e mantiña unha dependencia intensa respecto das familias nobiliarias. | |
B |
---|
BárbarosNome que daban os romanos aos pobos que vivían máis alá do “limes” do imperio. Tería polo tanto un significado de estranxeiro por contraposición coa poboación que tiña o dereito latino ou o dereito de cidadanía romana. A crise do Imperio do século III d.c. e a posterior chegada de pobos procedentes das estepas asiáticas favoreceron a penetración no mundo romano dos pobos do norte e leste de Europa. | |
Bienio negroTamén coñecido como Bienio de dereitas, é a segunda etapa política da II República (1933-1936) e estivo presidida por Lerroux co apoio parlamentario da CEDA. Despois da vitoria da dereita nas eleccións de novembro de 1933, o seu principal obxectivo foi o desmantelamento das reformas republicanas do bienio anterior. Durante a súa etapa destacan os sucesos da Revolución de Asturias en outubro do 34 e a anulación do Estatuto de autonomía de Cataluña no mesmo ano. Esta etapa remata con escándalos de corrupción que salpican ao goberno, procedéndose a unhas eleccións en febreiro de 1936 que gañará a Fronte Popular. | ||
Brigadas internacionaisVoluntarios estranxeiros (máis de 35.000) que se achegan a España para loitar en defensa da democracia que representaba o réxime republicano e en contra do fascismo que entón xa comezaba a verse un grave problema internacional. A pesar do acordo internacional de non intervención promovido por Gran Bretaña e Francia, era patente que o bando rebelde estaba sendo apoiado por Italia e Alemania polo que moitos destes voluntarios, a maioría afiliados aos partidos comunistas de diferentes partes do mundo, viñeron a defender a República española. Tiveron un protagonismo especial nas frontes dos arredores de Madrid. | ||
C |
---|
CaciquismoNo político do réxime da Restauración canovista de 1876, significa o estreito control do voto que exercen os caciques nas eleccións períodicas que se producen dentro deste sistema de turnismo entre o partido conservador e o liberal. Nun modelo político oligárquico onde as crises de goberno e os cambios no executivo implican a necesidade dun parlamento adicto ao partido gobernante obriga a uns resultados electorais previsibles, chegando ao amaño e ás presións na decisión do voto. Aquí é onde entran en acción os caciques, personaxes que exercen unha notable influencia na súa contorna. Isto acontece fundamentalmente no ámbito rural onde é máis fácil mediatizar o voto a cambio de favores políticos. | ||
CantonalismoDurante a Primeira República española, os federalistas intransixentes, moi vencellados á ideoloxía anarquista, no sentido de estruturar a sociedade en torno a unha adhesión voluntaria das comunas en torno a un proxecto común, proclamaron en xullo de 1873 a independencia política do cantón de Cartagena, sendo imitado por outras localidades de Andalucía e Levante, antes de que se definira a Consitutción republicana e o seu modelo territorial. O cantonalismo enfrontouse ao goberno republicano e deu lugar a un conflito militar, complicando cun problema máis o período político republicano, enfrontado aos carlistas e insurxentes cubanos. | ||