Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS

A

Aridez

Período do ano no que o valor de precipitación está por debaixo do valor dobre das temperaturas de xeito que aparece o déficit hídrico que limita o desenvolvemento da vexetación e xera sequedade. Nos climas mediterráneos os meses que rexistran aridez deixan aos ríos sen auga.


Avesedo

A aba dunha montaña que está orientada ao norte (hemisferio norte) e que recibe un menor grao de insolación, mentres que o grao de humidade é maior que na ladeira de solaina. Por conseguinte, o lugar de localización das especies arbóreas está nesta ladeira o que explica o maior grao de especialización forestal.


B

Barlovento

Ladeira da montaña que está exposta aos ventos o que redunda na recepción dunha maior cantidade de precipitación. Nesta aba da montaña ten lugar o efecto Foenh que consiste nun ascenso do aire húmido que ao verse obrigado a subir por chocar co obstáculo montañoso vai arrefriándose e deixando a precipitación.


I

Inversión térmica

Proceso que adoita acontecer en períodos de dominio dun anticiclón térmico invernal. O aire frío que en circunstancias normais localizámolo nas capas altas da troposfera atópase en superficie a ras do solo, por mor da intensa irradiación nocturna, dando orixe a fenómenos de condensación que se traducen en persistentes néboas. Tamén son frecuentes nos fondos de val.


Isóbara

Nun mapa do tempo, son as liñas que unen puntos coa mesma presión. Se as isóbaras están moi xuntas indica que o gradente de presión é moi alto polo que o aire circulará a gran velocidade. Pola contra, se as liñas están moi separadas, o gradente de presión é feble o que se traducirá en ausencia de vento, podendo chegar a unha situación de pantano barométrico.


Isohieta

Nun mapa do temático sobre a distribución das precipitacións, son as liñas que unen puntos coa mesma cantidade de precipitación.


L

Landa

Matogueira típica dos solos da España atlántica onde son frecuentes as especies da familia eriácea ( uceiras, breixos) e das leguminosas ( xestas, piornos...). Aparecen como consecuencia da degradación do bosque climax pola acción antrópica.


Laurisilva

Recibe este nome o bosque subtropical húmido formado por loureiros que podemos localizar coa vexetación macaronésica, na parte norte das illas Canarias onde o choque do alisio do NE xera unha atmósfera húmida, ideal para a reclusión desta especie reliquia dun clima anterior.


M

Maquis

Formacións arbustivas propias do clima mediterráneo que aparecen sobre solos silíceos e que crean unha matogueira túpida.Componse de especies aromáticas, eriáceas e enebros. Aparece como consecuencia da degradación dos solos pola acción antrópica tras a corta abusiva dos aciñais.


V

Vexetación antrópica

Especies que son introducidas polo ser humano con fins de explotación forestal para producir madeira ou para a produción de pasta de papel.Neste caso son cultivos forestais como no caso dos eucaliptos ou moitas especies de piñeiros.



Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS