Morte legal

A morte legal resulta do recoñecemento oficial "do cesamento permanente (ou irreversible) do funcionamento integrado do organismo como conxunto (CAPRON 1999). Tal definición conduce a considerar morto a quen perdeu aquelas funcións reguladoras do organismo como conxunto, a pesar de que outras actividades orgánicas, como o crecemento dalgúns tecidos, e outras funcións metabólicas residuais se mantéñan durante algún tempo tras a declaración da morte." (David Rodríguez-Arias. 2008)

Tradicionalmente considerábase o cesamento do funcionamento do corazón e a consecuente parada circulatoria e/ou o cesamento da respiración como feitos sobre os que declarar a morte. Na actualidade debido ao desenvolvemento de técnicas e artefactos médicos que permiten substituir estas funcións recórrese á inactividade irreversible encefálica, aínda que tamén este criterio está sendo posto en cuestión e fálase xa de morte cerebral para referirse á irreversibilidad das funcións do neocortex.

As repercusións dese recoñecemento son múltiples e de gran importancia, para empezar supón a autorización para o cesamento de tratamentos de soporte vital, a posible extracción de órganos, a posta en marcha dos mecanismos de herdanza e outros dereitos que corresponden aos sucesores e por suposto os permisos para ocuparse do cadáver segundo a lexislación vixente.

En ausencia de cadáver e cando as circunstancias especiais (naufraxios, accidentes aéreos, situacións bélicas, catástrofes, desaparicións, etc.) fan pensar na morte do suxeito, a lei contempla no artigo 34 do Código Civil a "presunción de morte do ausente" que desenvolve no Título VIII e que manexa prazos para declarar o falecemento que van de dous a dez anos dependendo das circunstancias.

Noutra orde de cousas cabería facer consideracións non menos importantes sobre a morte por imposición legal. É o caso da pena capital vixente en moitos estados e a morte sobrevida nas guerras e outras accións bélicas por esixencia igualmente das políticas estatais.

» GLOSARIO