Resistencia psicolóxica. "Resiliance"

Acostuma a usarse resiliance como termo técnico para referirse á capacidade de atopar especiais forzas para seguir adiante en situacións traumáticas, especialmente graves. Os suxeitos son quen de  tornar en positivas  circunstancias adversas de modo que continúan realizando proxectos e promovendo a súa saúde mental. Na actualidade a psicoloxía entende esta resistencia psicolóxica, resiliance,  como un axuste saudable á adversidade.

 

Algúns autores falan de “personalidade resistente” para referirse á aquelas persoas que teñen unha personalidade que as fai menos vulnerables ante feitos vitais negativos. Os factores que inciden no desenvolvemento desta personalidade resistente son o compromiso, o control e o reto.

A defensa desta personalidade encaixa ben coas correntes filosóficas existencialistas.

» GLOSARIO