Testamento vital

Toma outros nomes, Vontades anticipadas, Instrucións previas, dependendo das diferentes Comunidades autónomas, pero en todas elas existe un Rexistro oficial para estes documentos.

Pode facerse un documento privado e asinarse ante notario ou ante tres testemuñas. Destes, polo menos dous non poden ser familiares directos nin ter relación patrimonial coa persoa asinante. Existen tamén modelos oficiais das Comunidades Autónomas asi como modelos privados de difrentes asociacións que  poden ser modificados a gusto do outorgante. Estas asociacións ofrecen asesoramento e custodia efectiva do testamento vital.

Ademais dos rexistros oficiais, dado que o  acceso aos mesmos desde as distintas institucións médicas é desigual, é conveniente que a familia e íntimos coñeza a existencia do testamento vital e donde encontralo así como facilitar unha copia ao médico de cabeceira.

Asociacións como a AFDMD suxire que se fagan constar expresamente as instrucións que impidan o ensañamento terapéutico que prolonga a vida cando se está en situación terminal e non existen posibilidades razoables de cura. Igualmente que se inste a recibir en esas circunstancias os coidados paliativos que permitan aliviar o sufrimento tanto físico coma psíquico e morrer en paz aínda que podan supoñer un acurtamento da vida como a sedación terminal. Expresar as condicións en que se desexa a eutanasia activa no caso de que para ese entón teña recoñecemento legal.

O testamento vital é sempre revogable e cómpre que as modificacións se fagan ante testemuñas e en tódalas copias.

No tetamento vital pode nomearse un representante que sexa quen de facer cumprir as instrucións outorgadas así como de interpretar os desexos do doente neste aspecto se este non está en condicións de manifestalos.

» GLOSARIO