Claudicación familiar

http://www.esmas.com/salud/home/noticiashoy/670033.htmlÉ a incapacidade dun, varios ou todos os membros da familia para dar a resposta e coidados axeitados as demandas e necesidades d@ enferm@.

A claudicación dos compoñentes da familia non ten por que coincidir no tempo. Existen diferencias dunhas familias a outras.

Algúns factores que inciden nas crises de claudicación:

O tipo de familia, extensa ou reducida, cando son poucos membros existen poucas posibilidades de relevarse, isto pode verse agravado se existen nen@s pequen@s ou outras persoas dependentes as que atender. Nas familias extensas poden producirse conflitos por discrepancias de criterios ou ideolóxicas sobre a estratexia a seguir coa persoa enferma. A chegada tardía dun familiar afastado espacial ou afectivamente da persoa terminal, que irrompe coas súas críticas, constitúe un desencadeante da crise .

Lugar de residencia e contorno. Por regra xeral, no medio urbano as familias contan con pouco apoio de comunidade veciñal, os domicilios non posúen as características espaciais apropiadas para atender ao enfermo. A máxima complicación dáse cando a familia está desprazada do seu medio como nos casos de emigración, ao que hai que sumar as dificultades por idioma e cultura.

A proceso da enfermidade, especialmente no momento crítico en que se esgotan os tratamentos curativos. Neste sentido sería de máxima importancia que a intervención de  coidados paliativos se producise antes da renuncia ás accións curativas para facilitar á familia e ao paciente esta transición evitando a sensación de desacougo e perda de control total.

A experiencias de perdas anteriores. Cando na familia existe alguén que xa tivo esas ou parecidas vivencias pode servir como guía para a aprendizaxe do resto, en especial das xeracións máis novas que se atopan desbordadas pola situación ao carecer de referentes. A carencia total de modelo a seguir e o descoñecemento do que vai suceder favorece a aparición da claudicación.

Pódese facer unha tipoloxía da claudicación dependendo do momento da aparición, a duración, a área afectada, número de persoas, causa...

máis información

» GLOSARIO