A miúdo ante unha enfermidade grave ou prolongada aparece a figura do coidador/a principal, é dicir, a persoa que máis tempo pasa co enfermo e que xeralmente ten a resposabilidade de tomar certas decisións á requerimento do equipo médico ou do resto da familia.
As persoas que actúan como coidadoras principais teñen que soportar unha enorme sobrecarga tanto psíquica como física polo que cómpre contemplar apoio psicosocial para elas.
Nalgunhas Unidades de Paliativos están a darse conta, se ben queda camiño por percorrer, de que a atención médica non pode reducirse ao paciente, senón a unidade familiar que vive o proceso, xa que ademais o estado do/a paciente é inseparable do dos seus seres queridos.
Cada familiar necesita ser escoitado en relación a situación que está vivindo e as emocións emparelladas con ela, isto aliviará as tensións familiares asociadas a estas circunstancias.
Segundo estudos realizados en 2008 polo Equipo de Soporte de la Unidad de Cuidados Paliativos de Badajoz o 90% dos coidadores principais son mulleres, xeralmente esposas ou fillas.