Avesedo

A aba dunha montaña que está orientada ao norte (hemisferio norte) e que recibe un menor grao de insolación, mentres que o grao de humidade é maior que na ladeira de solaina. Por conseguinte, o lugar de localización das especies arbóreas está nesta ladeira o que explica o maior grao de especialización forestal.

» Glosario do tema 3: Diversidade climática e vexetación