Tectónica de placas

Teoría que explica a formación do relevo actual como unha consecuencia do movemento das placas nas que se subdivide a codia terrestre. Segundo esta teoría hai placas oceánicas e continentais. Nas dorsais oceánicas prodúcese aportación de material do interior da Terra e unha expansión dos fondos oceánicos, mentres que nas fosas oceánicas ten lugar o movemento de subducción onde chocan dúas placas e nas que unha se introduce por debaixo da outra. Este choque dá lugar á formación de montañas, a fenómenos volcánicos e a movementos sísmicos.

» Glosario do tema do relevo