A túa postura está ben amparada pola lexislación actual?
Hai na actualidade posicións opostas a túa? Teñen poder os que pensan diferente a ti?
Condicionan dalgún xeito a túa perspectiva referente á morte?
1. Supoño que esta pregunta estará a referirse a temas como a eutanasia ou a incineración. Eu estou a favor da incineración que si está amparada pola lei, sen embargo no caso na eutanasia opino que é necesario atoparse na pel do enfermo para poder opinar do tema, pola contra, véndoo desde o exterior eu creo que intentaria aguantar o máximo posible, polo feito de non deixarse derrotado sen loitar. Sei que esta opinión non a commparte moita xente, sen embargo a elección segue estando amparada pola lei. Polo que creo , a maioría de idade sanitaria son os 16 anos, nesto estou contrariado xa que non vexo a ninguén de esa idade coas capacidades nin coa madurez necesarias como para enfrontar una enfermidade e decidir qué é o mellor para él.
2. Está claro que a eutanasia está a orde do día e moita xente, especialmente os relacionados coa relixión están en contra, eu acepto esta postura e paréceme a correcta segundo os criterios cos que os crentes viven , xa que, se deus che deu a vida, é un pecado quitarcha por ti mesmo, o contrario podería tacharse como de hipócrita. Como ben sabemos, a Igrexa ten un papel moi importante e ten moita influencia na sociedade como na política, aínda que este sexa un estado laico.
3. A miña perspectiva da morte non vén dada nin por poderes políticos nin outras institucións, se embargo, nunca sociedade tan cristianizada como é a nosa, a influencia nunca poderá ser 0.