Gustaríache que a sociedade tivese máis recursos e estratexias para superar as dificultades que aparella a morte? Que botas de menos?
Son necesarios os rituais, cómpre que sexan diferentes? Máis intimidade ou máis estratexias colectivas?
Recollerías aspectos positivos da forma en que se vivía a morte, a propia ou a dos próximos, na Galicia tradicional, para unha nova construción social dos procesos mortuorios?
1. Eu penso que as dificultades que teñen as persoas para superar a morte débense a que tratamos a morte como un tema tabú, que non falamos dela con naturalidade, cando á fin e ó cabo, é algo completamente natural, xa que todos nós imos morrer algún día, e teremos que sufrir a morte de seres queridos e amigos. A xente pode reaccionar de moitas maneiras, pode aceptalo ou non, pero si fose máis natural para nós, posiblemente o tomariamos dun modo máis natural.
2. Eu penso que os rituais non son indispensables, que total á persoa xa está morta, e non se vai decatar; pero por outra banda, é como unha forma para os familiares para despedirse.
3. Con respecto aos procesos mortuorios da Galicia tradicional, o que máis me chama a atención é que gardan moito tempo de loito, e paréceme que quizais isto é excesivo, xa que asi o único que conseguen é recordalo todo o tempo, e faise máis dificil superar a perda, senón que se amargan máis, e ó verense sempre de negro, penso que asi encérranse máis na dor, en lugar de superalo.