A morte e a sociedade
Gustaríache que a sociedade tivese máis recursos e estratexias para superar as dificultades que aparella a morte? Que botas de menos?
Son necesarios os rituais, cómpre que sexan diferentes? Máis intimidade ou máis estratexias colectivas?
Recollerías aspectos positivos da forma en que se vivía a morte, a propia ou a dos próximos, na Galicia tradicional, para unha nova construción social dos procesos mortuorios?
1. Estratexias, recursos para superar a morte, non lle vexo ningún sentido, esa estratexia da que se está a falar é persoal , non se pode predicir como vai actuar cada persoa e polo tanto está predicción mediante axudas opino que non ten moito sentido. Todos nós falamos de como actuaríamos ante un caso de morte cercana sen embargo non creo que saibamos as nosas reaccións, e , se non as podemos coñecer nós mesmos, como vai existir unha estratexia para calmar esa dor?. Cada persoa ten diferentes dificultades ante a morte, así coma diferentes defensas. Un claro exemplo é a relixión, é algo que a xente utiliza e coa que se respalda para poder levar esta dor. Botar de menos? sinceramente boto de menos a posibilidade das persoas de pasar eses momentos á súa maneira, traballando, chorando, en soidade, en compaña... ; por que é necesario unha maneira colectiva de facer esta dor máis doada? É imposible.
2. Rituais, funerais.. creo que é algo absolutamente necesario, polo menos para tranquilidade dos familiares, por qué cando morre moita xente é necesario distinguir o cadáver ? precisamente porque a familia ten a necesidade de soterrar ou incinerar o corpo, pero, e se non é realmente esa persoa o seu familiar? É soamente unha tradición? Non creo, ademáis de isto o subconsciente das persoas ten ideas ou pensamentos filosóficos que desde a infancia van aparellados á morte, ideas inconscientemente aceptadas. Por que? Por que a xente necesita que o corpo este soterrado nun cemiterio? É todo relixión. Sexamos ou non relixiosos, dende os comezos, todos os seres humanos necesitaron cren en algo ou alguén sobrenatural, que se encargase de nós despois da morte. Outra pregunta importante, por qué é necesaria a intimidade? Para o desafogo dos máis cercanos? Podería verse a maior asistencia a un funeral de alguén como que a persoa era moi querida ? Non.
3. En Galicia, a morte dalguén equivalía a moitos días ou incluso meses de loito, é isto necesario? creo que non. Este loito faría as persoas que recordasen con máis frecuencia ao seu ser querido , provocaría una enclaustramento ; por que, non é mellor esquecerse é tentar facer unha vida normal? Isto non siginificaría que a persoa fose esquecida nin moito menos, pero o constante recordo provocaría máis dor. Non sei como actuaría eu, se tentando olvidar ou recordando todo o tempo.