A globalización, fundamentalmente económica. A dimensión política da sanidade. A universalidade cultural disimulada tras un multiculturalismo aparente. A saúde como valor. Culto ao corpo, á beleza como mercadoría e ao éxito. O Individualismo nun certo sentido pero desposuído de autonomía real. O criterio de cientificidade pero sometido aos intereses do poder económico. O neoliberalismo. A confianza na potencialidade da dixitalización. A crenza na liberdade humana. A aceptación da medicalización da vida e da morte. E máis.