Actividades sobre os temas de Historia Moderna
Sitio: | IES Sánchez Cantón de Pontevedra |
Curso: | Historia de España 2023-24. Prof. Humberto Martínez Gargamala |
Libro: | Actividades sobre os temas de Historia Moderna |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | sábado, 2 de novembro de 2024, 2:05 PM |
Táboa de contidos
- 1. A nova monarquía dos RRCC (unión dinástica, reorganización político administrativa)
- 2. A configuración do imperio español no século XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión de Flandes, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)
- 3. A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica, o deterioro da economía, os problemas da facenda real)
- 4. O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía (os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e Portugal)
- 5. Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía
1. A nova monarquía dos RRCC (unión dinástica, reorganización político administrativa)
Primeiro ollamos o vídeo: https://www.rtve.es/alacarta/videos/memoria-de-espana/memoria-espana-monarquia-reyes-catolicos/3212837/
Lecturas obrigadas:
http://www.educa.jcyl.es/crol/es/recursos-educativos/rrcc-moderno.ficheros/533901-LOS
Lectura opcional:
https://www.bbc.com/mundo/noticias-47527545
A nova monarquía dos RRCC (unión dinástica, reorganización político administrativa)
- En que circunstancias acada o trono de Castela Isabel de Trastámara?
- Que papel cumpre o tratado de AlcaÇobas-Toledo?
- Por que se produce a unión das dúas coroas? Que tipo de unión era?
- Que obxectivos se marcan os Reis Católicos para poder establecer unha monarquía autoritaria e de que instrumentos se dotan para levalo a cabo? En que se diferenza respecto da monarquía feudal?
- Que peculiariedade tiña o tribunal da Sta. Inquisición?
- Cales eran as principais fontes de ingresos da coroa?
2. A configuración do imperio español no século XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión de Flandes, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)
Ollamos o vídeo sobre Carlos V
Lectura obrigatoria:
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/edad-moderna/20190902/47311529481/carlos-v-y-europa.html
Lectura opcional:
https://elpais.com/cultura/2020-03-12/una-fake-news-derroto-a-la-armada-invencible.html
A configuración do imperio español no s. XVI
- Que territorios herda Carlos I e que obxectivo se marca no seu reinado?
- A que conflitos se ten que enfrontar no interior? E no exterior?
- Cal é o conflito que máis dano lle vai facer de todos? Por que?
- Logra resolver algún conflito? Cales son os que herda Felipe II?
- Que diferenzas de modo de gobernar vai haber entre Carlos I e Felipe II?
- Como vai resolvendo os conflitos herdados?
- Que novo conflito xurde con forza neste reinado? Por que?
- Por que se une Portugal ao imperio da monarquía española?
- Que custe tivo o mantemento desta política imperial?
3. A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica, o deterioro da economía, os problemas da facenda real)
Escoita esta clase maxistral:
Lectura obrigatoria:
https://elpais.com/economia/2012/01/30/actualidad/1327949425_986255.html
https://losojosdehipatia.com.es/cultura/historia/la-crisis-demografica-del-siglo-xvii-en-espana/
Cuestionario básico sobre : A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica, o deterioro da economía, os problemas da facenda real)
- A quen denominamos os Austrias menores?
- Por que afirmamos que as raíces da súa crise debemos buscalas no século XVI?
- Como inflúe a chegada masiva de prata americana na crise do século XVII?
- Que papel xoga a mentalidade dos estamentos privilexiados nisto?
- Que factores agravaron a crise demográfica? A que denominando triloxía do desastre? Como variou o comportamento demográfico na Monarquía hispánica?
4. O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía (os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e Portugal)
Olla o vídeo de Memoria de España dende o minuto 32 ata o minuto 39'35
Lectura obrigatoria:
https://eduardomontagut.es/mis-articulos/historia/item/536-la-uni%C3%B3n-de-armas.html
https://archivoshistoria.com/la-rebelion-de-los-catalanes-de-1640/
- Que é un valido e cales son os máis salientables?
- Cal é o ámbito cronolóxico da monarquía de Felipe IV?
- Que é o Gran Memorial? Cales eran os tres obxectivos da seu valimento? Que medidas tomou para poder cumprilos?
- Que é o mercantilismo?
- Que relación existe entre a Unión de armas e a independencia de Portugal?
- Por que podemos ver como o ocaso da hexemonía hispánica a Paz de Westfalia?
- Foron un éxito as medidas de Olivares? Tratarán de poñerse en funcionamento máis adiante? Por que afirmamos que foi un adiantado ao seu tempo e que relación terá isto coa monarquía absoluta?
5. Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía
- Que significa que os sectores privilexiados eran rendistas? Por que afirmamos que posuían as características básicas dus réxime feudal? Como definimos un señorío xurisdicional?
- Que relación existe entre os foros, as rendas, a fidalguía e os pazos?
- Que pasa a nivel demográfico en Galicia no século XVII?
- Que porcentaxe da poboación se dedicaba a unha economía agraria de subsistencia e en que consistía esta? A que obrigacións debían facer fronte? Por que dicimos que o foro era un contrato enfiteútico?
- Por que hai migracións estacionais a Castela?
- Que impacto tivo a chegada do millo e a pataca? Estaba tecnificado o agro? E a pesca? A partir de que época se introducen melloras nas técnicas de pesca? A quen se deben estas melloras?