El lenguaje de la inmortalidad. Eulalio Ferrer
Mercantilización da morte
As esquelas son unha plataforma publicitaria, ata o punto de que as empresas teñen creado departamentos específicos para as esquelas e máis lembrar os aniversarios ás familias. Cita algúns exemplos da relevancia das mesmas:
Logotipos en esquelas
A morte de empregados e achegados serve de desculpa ás empresas para publicitarase.
Existe unha relación entre as características das esquelas e o estatus da familia.
Logotipos en esquelas
A morte de empregados e achegados serve de desculpa ás empresas para publicitarase.
Existe unha relación entre as características das esquelas e o estatus da familia.
Especialmente suxestivas son as súas reflesións sobre:
-
Novas formas do negocio fúnebre. Os cemiterios virtuais e as esquelas electrónicas.
-
Substitución do erotismo pola necrofilia en campañas publicitarias. Exemplo, Benetton o Renault.
-
A necrofobia. Seguindo a Díaz Pedraza dado que a morte pode usarse como "un código comunicacional nun contexto de márketing social" dase unha publicidade necrofóbica para campañas que pretenden variar hábitos indesexables nas persoas como as de tráfico ou as de prevención de drogas ou tabaquismo.
-
Innovación funeraria con fins mercantís. Trátase de sacar proveito de cada unha das manifestacións culturais da morte, así desde o turismo fúnebre a proxectos do tipo "deseñe a súa propia tumba", pasando polas novidades e mesmo extravagancias en ritos mortuorios. As incineracións, os enterros marítimos ou espaciais, os enterros verdes ou a suspensión criónica forman parte desta evolución.
-
Os servizos on line e virtuais, desde os viaxes de loito con tarifas especiais, a discursos on line, consellos fúnebres www.funeral.net, www.funeral.cast, www.obituarium.com .
Cómpre sinalar que a meirande parte de persoas que participan e usan os libros de condolencias electrónicos son mulleres. -
O paso do papel á pantalla que produce variacións na linguaxe fúnebre. <<La compañía www.eulogywriters.com afirma ser capaz de resolver cualquier "problema de escritura fúnebre" en sesenta segundos, por medio del pedido en línea de un discurso fúnebre "listo para llevar" ...>>