Actividades para preparar e repasar os temas do s. XVIII
1. O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN (causas da guerra, bandos en conflito, a paz de Utrecht).
Ollamos o vídeo
- Por que o neto de Luis XIV pode reclamar a coroa española? De que familia era Carlos II? Que papel xoga o Tratado dos Pirineos?
- Quen formou o bloque antiborbónico e por que o formaron?
- Por que afirmamos que a Guerra de Sucesión foi un conflito internacional pero tamén un conflito civil? Que territorios da Monarquía hispánica apoiaban a cada bloque? Que modelos políticos apoiaban cada candidato?
- Que relación existe entre a carreira imperial, a teoría do equilibrio continental e o Tratado de Ütrecht? A que se compromete Felipe de Anjou a cambio da coroa española?
- Que significou este tratado para as posesións territoriais da corona española en Europa? Que reparto se produce?
- Os acordos con Inglaterra que lle permitiron a esta nación?
- Que son os privilexios forais? Que relación teñen cos Decretos de Nova Planta?