SUBTEMAS DAS ABAU. Século XVIII

O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN (causas da guerra, bandos en conflito, a paz de Utrecht).

A morte de Carlos II de Habsburgo (1700) sen descendencia debido a súa enfermidade provocou o inicio dun conflito internacional coñecido como Guerra de Sucesión (1701-1714) que provocaría o inicio da dinastía de Borbón e  fin de dous séculos de reinado da casa de Austria (Habsburgo).

Tralo Tratado dos Pirineos (1659), despois da Guerra dos Trinta anos, Luis XIV, rei de Francia, conseguiría que o seu futuro neto Felipe de Anjou obtivera dereitos sucesorios a coroa española. Dereitos que tamén posuía o arquiduque Carlos de Habsburgo. Carlos II, o último rei da casa dos Austrias, nomeou a Filipe de Anjou o seu sucesor, pero a nivel internacional o medo á consolidación da hexemonía francesa pola posible unión da coroa francesa e española levou á formación dun bloque antiborbónico dirixido por Inglaterra, Paises Baixos, Austria, Portugal, Holanda, Saboya e a maioría dos estados alemáns que loitaban polo dereito da casa de Habsburgo. Iniciábase así un conflito internacional que pronto se convertería tamén nunha dura guerra civil en España debido a que os dereitos de Filipe V foron defendidos pola coroa de Castela e máis os señoríos vascos e Navarra, mentres que os dereitos da casa de Austria serían defendidos pola Coroa de Aragón, especialmente, polos condados cataláns.

Ambos monarcas representaban modelos políticos distintos. Filipe V, educado por Bossuet, representaba o absolutismo monárquico e a centralización do Estado, mentres que o candidato de Habsburgo representaba a opción foralista de respecto aos privilexios forais e a autonomía acadados na época da Unión dinástica (s. XV).

Despois duns inicios pouco favorables aos Borbóns, a partir das vitorias nas batallas de Almansa (1707), Brihuega e Villaviciosa, en 1710, a  iniciativa militar pasou ao bando franco-español. En 1711, ante a morte do emperador austriaco, Leopoldo I, o arquiduque Carlos, fillo deste, pasaba a herdar o imperio austriaco, perdendo interese pola Guerra de Sucesión. Ademais, Países Baixos e Inglaterra comezaron a recear dunha posible unión entre España e a Austria imperial dentro da súa defensa da teoría do equilibrio continental o que levaría a asinar en 1713 a Paz de Utrecht e a fin do conflito cuxos estertores chegarán ata 1714 coa toma definitiva de Cataluña polos Borbóns.

O Tratado de Utrecht recoñecía os dereitos de Filipe V á coroa española, pero a cambio renunciaba á unión con Francia e os seus dereitos sobre esta. Flandes español, Nápoles, Milán e Cerdeña pasaban a Austria (perdendo España os territorios europeos que lle quedaban) e Inglaterra conseguiría Xibraltar, Menorca e máis os dereitos de asentos de negros e de navíos de permiso. O duque de Saboya recibe Sicilia, Portugal a colonia de Sacramento en Uruguay e Holanda e Prusia prazas fortes de tipo  fronteirizo. Filipe V tamén se comprometía a non tomar represalias coa Coroa de Aragón, pero isto non se cumpriu xa que a promulgación dos Decretos de nova planta imporía a extinción dos seus privilexios forais iniciándose así o proceso de centralización da recén imposta monarquía absoluta.