Actividade para a clase semipresencial. Historia xeolóxica da península

Contesta as seguintes preguntas despois de ler o punto do libro onde se explica a evolución xeolóxica da península:

  1. Por que se produce a aparición dos Pirineos e o Sistema Bético, cando se produce e que consecuencias ten para o resto do relevo xa existente?
  2. Que zonas podemos distinguir no Pirineo? Que rochedo é o dominante? En que sector aparece un rochedo magmático? Por que?
  3. Estruturalmente as Illas Baleares a que sistemas pertencen?
  4. En Galicia, onde aparecen exemplos dun relevo apalachense? Que significa relevo apalachense?
  5. Por que dicimos que no Sistema hai un relevo xermánico?
  6. Como consideramos a Serra Morena?
  7. En que zonas montañosas de España pode aparecer un relevo xurásico?
  8. Que relación se establece entre a tectónica de placas, a existencia dunha cubeta sedimentaria e a aparición dunha cordilleira de pregamento?  
  9. Aínda que  a Meseta española sexa un relevo plano e elevado, a nivel estrutural resulta variada. Poderías indicar que partes podemos distinguir e explicalas?
  10. Que formas de relevo poden aparecer nas Ilas Canarias?