Actividade para preparar a 1ª semana de clase

Preguntas sobre a parte teórica:

  1. Cal é o obxecto de estudo da xeografía como ciencia?
  2. Por que dicimos que a xeografía é unha ciencia de síntese?
  3. Cando xurde a principios do s. XIX, aparece influenciada polo positivismo. En que a inflúe? Que método de estudo da realidade usaría?
  4. A finais do s. XIX será o historicismo a corrente de pensamento que á inflúe. Que crítica fai esta corrente do positivismo? Cal é a súa proposta? Cal é o obxecto de estudo?
  5. Despois da 2ª Guerra Mundial aparece a xeografía cuantitativa. Que defende? que pretende aportar?
  6. Cal é a crítica que se fai da xeografía cuantitativa? Que alternativas de estudo aparecen?
  7. Define: xeografía, paisaxe, mapa, escala.
  8. Que tipo de proxección cartográficas hai? Que problemas presenta a proxección cilíndrica?
  9. Que diferenza hai entre un mapa topográfico e un mapa temático?

Comenta o seguinte mapa topográfico: