Esquema de temas
Xeral
Temario e vocabulario que entra nas ABAU
Para seguir a materia e extraer o contido a estudar, ademais do libro de consulta da editorial ANAYA, imos utilizar esta páxina web elaborada de acordo coas directrices das ABAU:
https://xeografia-2o-bacharelato-ies-sanchez-canton.jimdosite.com/
O relevo en España
Esquema básico dos contidos do tema 2: O relevo español
2.1 Formación e evolución xeolóxica.
2.2 Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial.
2.3 Unidades morfoestruturais.
2.4 O solo: elementos constitutivos e localización
Tema (pregunta teórica)
Prácticos
● Comentario guiado dun fragmento de mapa topográfico: identificación das coordenadas xeográficas, máximas e mínimas altitudes, zonas de maiores e menores pendentes, principais cursos fluviais e orientación dos mesmos.
● Debuxos, imaxes e gráficos con tipos de modelado:
a) granítico
b) cárstico.- Vocabulario: Aluvión / Foz/ Meseta/ Tectónica de placas/ Ría/ Tómbolo/ Zócolo/ Macizos Antigos/ Cordilleiras de pregamento/ Cuncas sedimentarias (10)
Recreación do movemento de placas dos últimos 1000 millóns de anos da Terra
Formación dos Pirineos. Historia xeolóxica do Monte Perdido
Formación das Cordilleiras Béticas
Diversidade climática e vexetación
Esquema básico do tema 3: Diversidade climática e vexetación
Esquema
3.1 Factores xeográficos e termodinámicos do clima.
3.2 Tipos de tempo.
3.3 Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical.
3.4 Factores da diversidade bioxeográfica.
3.5 Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña.
Tema (pregunta teórica)
Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España.- Factores xeográficos: latitude, situación, influencia do mar, relevo.
- Factores termodinámicos: en altura (Jet Stream) e en superficie (centros de acción, masas de aire, frontes).
PrácticosMapas de temperaturas e precipitacións medias.
Mapas do tempo en superficie: Advección do Oeste e Anticiclón de Verán
Análise dun climograma arquetípico dos grandes dominios climáticos españois:
Análise de cliseries:
Vocabulario
Aridez / Barlovento/ Inversión térmica/ Isóbara/ Isohieta/ Avesedo (umbría)/ Laurisilva/ Maquis/ Vexetación clímax/Vexetación antrópica/ Landa (11)1. Comenta o mapa do tempo
2. Comenta a gráfica termopluviométrica
A hidrografía
Esquema básico do tema 4: A HIDROGRAFÍA
Esquema
4.1. Cuncas hidrográficas e tipos de réxime fluvial.
4.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras.
4.3. Problemática dos recursos hídricos: transvases, desalinización, recuperación de acuíferos, saneamento dos ríos.
PrácticoComentario de hidrogramas:
Vocabulario
Cunca fluvial/ Estiaxe/ Marisma (3).1. Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Identifique os catro tipos de réxime fluvial que aparecen numerados na figura 1(1 punto).
b) Analice o tipo de documento da figura 2 e explique o valor “k” (1 punto).
c) Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial representado na figura 2 (1 punto).
d) Sinale as principais características e usos do tipo de río correspondente ao réxime fluvial representado
na figura 2 (1 punto).
As paisaxes naturais e as relacións entre natureza e sociedade
Esquema básico do tema 5: As paisaxes naturais e as relacións entre natureza e sociedade
Esquema:
5.1 A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes.
5.2 O patrimonio natural español e categorías de protección.
5.3 Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación,
quecemento global, pegada ecolóxica.
5.4 Respostas e solucións cara a sustentabilidade
Tema:
• Repercusións ambientais da acción humana:- Contaminación.
- Quecemento global.
- Pegada ecolóxica.
Práctico:
Comentario dunha imaxe de paisaxe natural:
- Atlántica,
- Mediterránea
- De montaña.
- Canarias
Efecto invernadoiro, Paisaxe
1º clase de xeografía da miña cuarentena
Concepto de paisaxe e figuras de protección
A paisaxe da dereita pertence a Castela- Mancha
- Poderías dicirme cales son as provincias da comunidade de Castela- Mancha e o nome da capital autónica?
- Identifique a rexión bioxeográfica á que pertence a imaxe do documento
- Comente os elementos da paisaxe natural que aparecen no documento
- Explique como inflúen os condicionantes físicos no desenvolvemento da vexetación típica desta rexión
A paisaxe da dereita locálizase no Pirineo navarro
- Poderías dicir o nome das comunidades autónomas e a súa capital correspondente que comparten este sistema montañoso?
- Identifique a rexión bioxeográfica á que pertence a imaxe do documento
- Comente os elementos da paisaxe natural que aparecen no documento
- Explique como inflúen os condicionantes físicos no desenvolvemento da vexetación e a súa cliserie correspondente
Paisaxe da esquerda
A poboación española
Tema 6: A poboación española
Esquema
6.1 Dinámica da poboación.
6.2 Os movementos naturais da poboación.
6.3 Mobilidade espacial da poboación e debate sobre a inmigración.
6.4 A estrutura demográfica: idade, sexo e actividade económica.
6.5 Distribución espacial.
Tema (pregunta teórica)
• Dinámicas demográficas actuais:- Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación.
- Movementos migratorios (1990 á actualidade)
Prácticos
-Analizar taxas demográficas de Galicia (movemento natural).
-Comentar e comparar pirámides de poboación (década de 1960 e actual). Caso práctico 2014
-Gráfica da transición demográfica en España.Poboación activa, Esperanza de vida, Réxime demográfico, Censo de poboación, Crecemento vexetativo, Taxa de fecundidade, Padrón municipal.
O espazo rural e as actividades do sector primario
Tema 7: O espazo rural e as actividades do sector primario
Esquema
7.1 Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos.
7.2 A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (U.E.)
7.3 O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións.
7.4 A explotación dos bosques.
7.5 As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña.
7.6 A pesca e os espazos pesqueiros.
Tema (pregunta teórica)
• Transformacións recentes na estrutura agropecuaria española:
- As explotacións agrarias.
- Técnicas e sistemas agrarios.
- Política Agrícola Común.
Prácticos
- Comentario e localización dunha paisaxe agraria española: atlántica, mediterránea e de interior.
- Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros).
Vocabulario
Acuicultura, Agricultura ecolóxica, Denominación de orixe, Desagrarización,
Explotación intensiva, Política Pesqueira Comunitaria (PPC), Silvicultura.As fontes de enerxía e o espazo industrial
TEMA 8: As Fontes de enerxía e o espazo industrial
Esquema
8.1 Proceso e factores da industrialización española.
8.2 O tecido industrial español e os seus contrastes.
8.3 Gran variedade de paisaxes industriais.- 8.3.1 Áreas de antiga industrialización.
- 8.3.2 Áreas urbanas e rurais.
- 8.3.3 Paisaxes da innovación.
8.4 Situación actual da industria: desafíos e globalización.
8.5 A enerxía: a diversidade de fontes de enerxía.
Tema
Situación actual da industria en España.- Os problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía)
- Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.
Prácticos
Vocabulario
Enerxías renovables, Fondos Estruturais, subcontratación, industrias verdes, materias
primas estratéxicas, parque tecnolóxico.O sector servizos
Bloque 9. O sector servizos
Esquema
9.1 Terciarización da economía e sociedade do benestar.
9.2 Distribución comercial e espazos do consumo.
9.3 Os servizos financeiros e a balanza de pagamentos.
9.4 Transporte e comunicacións.
9.5 Os espazos turísticos.- 9.5.1 Paisaxes turísticas.
- 9.5.2 Impactos ambientais.
Prácticos
- Comentario de paisaxes turísticas.
- Mapas da distribución de redes e infraestruturas do transporte (autoestradas e autovías).
- Mapas ou gráficos sobre a distribución e tendencias do turismo.
Vocabulario
Balanza comercial/ Economía somerxida/ Ecoturismo/ Franquía/ Taxas aeroportuariasO espazo urbano
Esquema
10.1 O proceso de urbanización en España.
10.1.1 Concepto de cidade.
10.1.2 Axentes sociais urbanos.
10.1.3 Urbanismo e ordenación do territorio.
10.1.4 Morfoloxía urbana (tipos de planos).
10.1.5 Funcións urbanas.
10.2 Fenómeno urbano en España.
10.2.1 A cidade preindustrial.
10.2.2 A cidade industrial.
10.2.3 A cidade postindustrial.
10.2.4 Xerarquías e redes urbanas en España.
10.3 Transformacións recentes na estrutura das cidades.
10.3.1 Cidade difusa.
10.3.2 Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).
10.3.3 Cambios de uso no solo urbano.
10.4 Impacto ambiental da urbanización.
Tema (pregunta teórica)
Transformacións recentes na estrutura das cidades.- Cidade difusa.
- Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación).
- Cambios de uso no solo urbano.
Prácticos- Comentario dun plano urbano: Barcelona ou Madrid.
- Comentario dunha paisaxe urbana a partir dunha fonte gráfica.
Vocabulario
Área suburbana/ Área metropolitana/ Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU)/
Xentrificación.España no mundo
Esquema do tema 12: España en Europa e no mundo
Esquema
12.1 España no contexto da UE
12.2 Globalización económica.
12.3 España no escenario xeopolítico mundial.
12.4 España no escenario socioeconómico mundial.
Tema (pregunta teórica)
España no escenario xeopolítico:- España na UE.
- España no mundo.
Vocabulario
Movementos antiglobalización, Obxectivos de Desenvolvemento SustentableActividade de repaso sobre os temas da organización territorial española e o papel de España na UE e no mundo
Debes subir unha tarefa onde contestes as preguntas relacionadas coas explicacións feitas en clase e a maiores debes buscar unha nova dalgún xornal español ( unha nova para cada un dos temas) que aluda a algunha das cuestións relacionadas cos temas tratados e comentala. Para este labor de comentar unha nova dun xornal o primeiro paso será indicar as ideas máis salientables do artigo e a continuación trata de contextualizalo e aclaralo ligando esas ideas co que sabes sobre ese asunto a partir da explicación dada na aula. Para poder comentalo podes botar man dos recursos que poidas atopar en internet.
1. Cuestionario sobre a organización territorial en España:
1.1 Indica cales foron os criterios aplicados para establecer a actual división provincial. Aplica eses criterios no caso da provincia de Pontevedra. Pescuda cal foi a polémica que houbo á hora de establecer a capital provincial na cidade de Pontevedra.
1.2 Pescuda os antecedentes de división provincial máis próximos á reforma de Javier de Burgos de 1833 e indica os obxectivos que buscaba este ministro cando crea a actual división provincial. En que contexto político elabora esa división provincial. Sabes se en Galicia houbo algunha corrente política contraria a esa división provincial?
1.3 Cales son os niveis da administración político territorial que hai en España? En que lugar da actual Constitución se regula a organización territorial? Por que dicimos que España é un Estado descentralizado? Que competencias son do Estado, cales están compartidas coas CCAA e cales están transferidas ás comunidades?
1.4 Por que existen rexións autónomas e nacionalidades? Na actualidade hai algunha contestación a este sistema organizativo? Indica as diferenzas entre un Estado confederal, outro de tipo federal, outro de tipo centralista. Onde colocarías o noso sistema de comunidades autónomas?
1.5 Que é un estatuto de autonomía? A grandes trazos que recolle o seu texto (revisa o Estatuto de Autonomía de Galicia) ? Dende cando temos autonomía en Galicia? Indica cal é a estrutura do poder autonómico. Pescuda quenes foron os Presidentes da Xunta de Galicia e a que partidos políticos pertenceron.
1.6 Cales son as competencias dun concello? Pescuda cales foron os alcaldes de Pontevedra dende que temos democracia a partir de 1978. Pescuda cal é o reparto de concellerías que hai no momento actual en Pontevedra.
1.7 Le o seguinte artigo e indica como se constitúe o órgano de goberno da provincia. Pescuda como funciona a lei D'hont
1.8 Pescuda que comarcas hai dentro da provincia de Pontevedra. A parroquia é unha división territorial eclesiástica, pero en Galicia ten unha función importante, pescuda cal é.
1.9 Explica o mapa aplicando o que sabes sobre os desequilibrios territoriais
1.10 Que políticas se aplican para aminorar esas diferenzas entre os territorios?
2. Cuestionario sobre España en relación á UE e ao mundo
2.1 Que significou para España o seu ingreso na CEE no contexto de 1986?
2.2 Pescuda a onde foron as axudas europeas ao desenvolvemento das rexións? Que criterios se aplicaron para ser unha rexión beneficiaria de esas axudas? Que tipo de fondos se empregaron? Indica exemplos onde se teñan empregados eses fondos.
2.3 Que vantaxes tivo para España a pertenza á UE? A que obrigou? Que sectores produtivos se viron prexudicados polas políticas europeas?. Pescuda que significou a aplicación da PAC para o sector gandeiro galego. Sabes dalgún conflito recente no sector pesqueiro con medidas tomadas pola Comisaría de Pesca europea?
2.4 Cales son os principios e valores que se defenden dentro da UE? Que significado político tivo o Tratado de Maastricht? Que obxectivos son os que guían a política europea no momento actual? Onde ten España un papel relevante como interlocutor internacional dentro do contexto da UE? Por que?
2.5 Cales son os eixes da política exterior española? Que importancia estratéxica ten España? Que importancia ten para a política exterior europea e española a área do Mediterráneo? Que problemas hai nesta zona?
2.6 Elabora un recopilatorio da posición española nos diferentes rankings : Tamaño, cifras absolutas de poboación, PIB, PIB percápita, IDH, índice de globalización, calidade democrática... En que destacamos?
2.7 Pescuda cales son os obxectivos da Presidencia española da UE neste semestre
2.8 Cales dirías que son os aspectos nos que debería mellorar España para ter un papel relevante a nivel internacional?
Deposita aquí o teu exercizo