Esquema de temas
-
-
Entrevista da nosa alumna de 4º da ESO, Mariña Maceiras Segovia a Ledicia Costas no Salón do libro, acompañada tamén pola escritora Eva Mejuto
-
Baseándonos no guión elaborado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura sobre Malala (está colgado máis abaixo), o alumnado de 3ºSO creou este podcast en lingua galega. Neste caso temos un único arquivo, no caso do do departamento de Lcelit, son dous.
-
Presentación audiovisual en colaboración co grupo de Teatro.
Tamén formou parte do proxecto de inmersión 21 Días co galego e +! (SXPL)
Pequena homenaxe en Instagram con haikus creados polo alumnado.
-
O alumnado de 3ºESO levou a cabo estas entrevistas de ficción a mulleres relevantes. A actividade tiña carácter interpretativo, en cada grupo, un dos membros tiña que interpretar á personaxe escollida e o resto, facíanlle preguntas para dala a coñecer. Esta carpeta contén as entrevistas a: Concepción Arenal, Frida Kahlo, Maruja Mayo, Manedeline Vionnet e Cocó Chanel.
-
Esta carpeta contén as entrevistas a: Michelle Obama, Zendaya, Rosalía de Castro, Virginia Wolf
-
Selección das presentacións orais sobre escritoras galegas levadas a cabo polo alumnado de 1º da ESO. Estes compañeiros e compañeiras preséntannos a: Berta Dávila, Eli Ríos, Enma Pedreira, Inma López Silva, Lorena Conde e Marilar Alexandre.
-
Esta actividade, realizada tanto en 1º, 2º e 3º da ESO, achéganos á ruptura de prexuízos porque a cociña non é só para as nais. Pretendíase que o alumnado colaborase cos seus pais e titores na realización dunha receita amosándonos que todos e todas podemos desenvolver calquera actividade en calquera ámbito, e no ámbito do fogar, todos debemos colaborar. Iso si, os nosos cativos e cativas sonche ben larpeiros porque a maioría botáronse a facer sobremesas. Aquí amosámosvos unha selección: biscoito de iogur, filloas, brownies, tortas americanas, torta da avoa, rolos de polo, pescada...
-
O alumnado de 4º da ESO realizou entrevistas a mulleres da nosa contorna que promocionan dalgún xeito a nosa lingua. A entrevista era común e constaba de 21 preguntas nas que se mesturaban, con carácter xeral, cuestións que incidían na igualdade, no uso do galego e no feito de ser muller. Conseguiron achegarnos as opnións de máis de 20 persoeiras, ben da nosa cidade, ben que tivesen un vínculo moi estreito coa mesma. Estas entrevistas realizáronse tanto en formato de audio como audiovisual.
Aquí deixamos o nome das entrevistadas:
Tareixa
Alonso
Tamara
Campos
Conchi Cochón
Pilar Fdez
Pilarín
Inés Lobeira
Luz Gallego
Susana Pedreira
Beatriz
Trillo
María Campos
Belén Herrero
Manuela Rguez.
Lorenzo
Marila Dios Rodiño
Begoña Mtz.
Ana Isabel Glz.
Luísa
Márquez
Alba Cuba
Anxos Sobrino
Rosa Carballeira Cortizo
Daniela Puga
Andrea Baller
Susana Sueiro
Daniela Puga Ledicia Costas
Nesta carpeta amosamos algunhas destas entrevistas de xeito íntegro. Non se puideron realizar de xeito presencial por causas de prevención sanitaria. Están, ben en formato audio, ben en formato vídeo.
-
A segunda parte do traballo consistía en analizar as entrevista dende a perspectiva de igualdade de xenero e sociolingüística. Alén disto, o alumnado tiña que seleccionar os framentos de máis interese que falasen de lingua e igualdade, e crear uns titulares.
Aquí, amosamos un par de exemplos das análises, a da militar Daniela Puga e a da escritora Ledicia Costas.
-
Na carpeta, achegamos algunhas das conclusións que o alumnado quitou das entrevistas. Neste caso temos os grupos que traballaron a: Alba Cuba, Pilarín, Anxos Sobriño, Belén Herrero, Ana Isabel González e María Campos.
Tamén achegamos o enlace ao vídeo -resumo das actividades do primeiro trimestre do proxecto en xeral. Foi, ademais, o vídeo de centro no programa de inmersión lingüística 21 Días co galego e +!. Nel podemos ver a presentación de 5 entrevistadas coa súa biografía, os titulares máis relevantes que o alumnado seleccionou da entrevista, e as súas conclusións. Son Tamara Campos, Tareixa Alonso, Beatriz Trillo, Luísa Márquez.
Vídeo 1 Entre Donas ás beiras do Lérez
Estamos a piques de rematar de montar os dous que nos faltan.
-
Neste cartafol achegamos: as 21 preguntas, a infografía da entrevista, e o desenvolvemento completo da actividade.
-
Amosamos algúns dos traballos presentados de xeito optativo polo alumnado en formato pocast para dar coñecer a Xela Arias homenaxeada das Letras Galegas este curso.
-
-
-
Guión radiofónico que dá a coñecer a figura de Malala elaborado por 2ºESOG
-
Programa de radio que ten como base o guión sobre Malala. Esta primeira parte contén a entrevista.
-
Podcast que contén as poesías de Rosalía Fernández Rial de Árbores no deserto que aparecen no guión.
-
Guión elaborado por 1ºESOA de xeito conxunto para dar a coñecer a figura de Clara Campoamor
-
Guión elaborado por 1ºESO B para de xeito conxunto para dar a coñecer a figura de Clara Campoamor
-
Guión para audiovisual elaborado por 1ºESOC de xeito conxunto sobre Clara Campoamor
-
Na ligazón están todos os materiais favorecidos ao alumnado para achegarse a esta autora vital da literatura española.
A iniciativa implementouse dende o departamento de castelán e foi na materia de lingua galega e literatura onde se desenvolveu o debate mais non o puidemos gravar.
-
-
-
En 1º da ESO desenvolveuse unha actividade bilingüe para fomentar a oralidade tanto na nosa lingua como en inglés. Tratábase de dar a coñecer unha serie de autoras inglesas mediante unha especie de teatro de máscaras coa participación de todo o alumnado do curso. Nesta primeira parte, coñeceremos a Enma Goldman, Jane Austen, Mary Anne Evans, Virginia Wolf, Emma Goldmann e Kate Millett.
-
Do mesmo xeito que a iniciativa anterior, nesta achega de teatro de máscaras, o alumnado de 1ºESO preséntanos a: Emma Goldmann, George Eliot, Jean Austen, Kate Millett, Virginia Wolf.
-
Presentacións orais en podcast con imaxes elaborados polo alumnado de 4ºESO. Nesta achega, coñeceremos a: Cassandra Clare, Elisabeth Barret, Jane Austen e J. K. Rowling.
-
Podcast que presenta en galego-inglés a Virginia Wolf e Rosalía Fernández Rial mediante a conexión intertextual que a autora galega establece na súa obra Árbores no deserto. Alén de achegarnos ás dúas escritoras, o podcat conta con recitados e lecturas de textos de ambas.
-
Nesta achega, o alumnado de 1º de ESO vainos falar de Jane Austin e J. K. Rowing.
-
-
Simone de Beauvoir amósanos o seu pensamento feminista mediante unha entrevista realizada por Jean Paul Sartre no Café de Flore. A interpretación está a cargo do alumnado desta materia. O audiovisual desenvolveuse no marco do programa de inmersión lingüística da SXPL 21 Días co galego e máis!
-
-
Reinterpretación e viaxe da figura de Exeria na seguinte conta de Instagram egeriaeperegrinatio
-
-
Unidade didáctica en formato genial.ly que nos dá a coñecer o papel que desenvolveron as mulleres ao longo da historia. Como sabemos, a muller foi silenciada dos libros de historia e pode parecer que os protagonistas sempre son homes, pero sabemos que iso non é así. Esta unidade pretende dar relevancia á muller e estúdanse cales son as novas investigacións sobre o papel da muller no mundo antigo.
-
O departamento de historia levou a diante esta actividade para dar a coñecer o papel das mulleres durante a Revolución Francesa. Aproveitando que había unha lectora de francés no centro, fíxose unha presentación en francés-galego-castelán (a lectora non sabía galego) que foi a base dunha presentación oral trilingüe, que non se puido gravar. Achegamos o pdf coa presentación.
-
Selección das mellores presentacións sobre as mulleres nas Vangardas pictóricas, realizadas polo alumnado de 4ºESO. Expuxéronas na clase mais non se gravaron. Aquí achegamos os power points de apoio que utilizaron para as exposicións orais.
-
-
Conta de Instagram cambioclimatico.sc
-
Noa e Sara (4ºESO) cóntannos como afecta o cambio climático os pobos orixinarios.
-
-
-
Reflexións en forma de flor en relación ó 8 M Día da Muller / Exposición traballos no vestíbulo dos grupos 1º e 2º ESO Valores éticos
-
-
a) Clubs de lectura sobre muller, igualdade e medio ambiente.
Invisibles, Montse Fajardo. nubedepalabrasSC: Falamos con MONTSE FAJARDO sobre INVISIBLES. (nubedepalabrasc.blogspot.com)
Cobiza, María Reimóndez nubedepalabrasSC: Debullamos as reviravoltas de COBIZA con María Reimóndez. (nubedepalabrasc.blogspot.com)
nubedepalabrasSC: COBIZA de MARÍA REIMÓNDEZ (nubedepalabrasc.blogspot.com)
Identidade, Nee Barros, nubedepalabrasSC: "IDENTIDADE" presentación da obra de NEE BARROS. (nubedepalabrasc.blogspot.com)
A lavandeira de San Simón, Eva Mejuto: nubedepalabrasSC: Encontro literario coa escritora EVA MEJUTO arredor do álbum ilustrado A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN. (nubedepalabrasc.blogspot.com)
Club de lectura específico de igualdade. Ao longo do curso leron 3 obras: M,Machismo: 8 pasos para quitártelo de encima (Barbijaputa); No es país para coños de Diana López Varela; e Masculino singular. Carlos Negro
No segundo e terceiro trimestre desenvolvéronse os encontros cos autores: Carlos Negro e Diana López o cal resultou moi enriquecedor para entender moitas das preguntas que nos facemos cando falamos dos libros
-
Parte técnica
-
PROXECTO MULLERES NA CIENCIA: o proxecto foi realizado durante os meses de xaneiro e febreiro do 2021 rematándoo a semana 8 ó 12 de febreiro co fin de celebrar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia (11 de febreiro). O proxecto foi desenvolto en 4 grupos de 1º ESO e en 8 grupos de 3º ESO alcanzando unha participación de 202 alumnos. O proxecto desenvolveuse de forma multidisciplinar entre as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía, temporalizouse o longo de 4 sesións de clase onde se realizaron as seguintes tarefas:
• Sesión 1: desenvolveuse na aula de informática ou con Edixgal. O alumnado escolleu unha científica ( non se podían repetir científicas) e tiñan que cubrir un guión cos datos máis relevantes de cada investigadora facendo unha búsqueda en internet.
• Sesión 2 e 3: desenvolveuse na aula de informática ou con Edixgal. O alumnado elaborou unha presentación, un poster, unha imaxe interactiva, unha gamificación ou unha infografía mediante o Genyally ( 3º ESO) ou co Canva ( 1º ESO)
• Sesión 4: desenvolveuse na aula de referencia. O alumnado expuso o seu traballo oralmente o resto da aula. O desenvolvemento da unidade didáctica, os recursos empregados e os productos obtidos do proxecto atópanse evidenciados aquí.
-
-
O alumnado da materia de Teatro pon de manifesto o machismo presente en letras de cancións que escoitan a diario.
-