Neste capítulo debemos, como xa dixemos o pasado luns 19 de xaneiro, elaborar un documento no que redactemos cales son as características que debe ter o alumnado encargado de observar a convivencia e cales son as súas funcións.
No foro creado neste capítulo podemos ir aportando as nosas ideas.
Podemos aportar, tamén, as ideas para levar a cabo as presentacións desta figura aos distintos grupos e ideas para ir elaborando unha presentación.
Déixovos un exemplo de selección de observadores do IES Montserrat Roig ao que podedes acceder facendo clic aquí.
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 16:43