EXERCICIO DE RECUPERACIÓN

Para os que non acadaron o aprobado no primeiro exame do 2º trimestre.

A) Traballo sobre a RODA DOS ALIMENTOS e a dieta:

    1. Debe ter unha imaxe da Roda dos Alimentos (copiado ou fotocopiado do libro)
    2. Debe ir acompañado dunha explicación de:
      • As cores e as funcións, explicando que significa cada función.
      • Os nomes dos grupos de alimentos, con varios exemplos e especificando que nutriente é o predominante en cada grupo.
      • Explicar por que hai alimentos máis pequenos que outros.
      • Explicar que aparece no centro da roda e por que é importante.
3. A roda dos alimentos axuda a levar unha dieta saudable. Explica brevemente que é unha dieta saudable.

B) Explicar a dixestión dun bocata de chourizo.

  • A explicación debe conter os nomes das partes do tubo dixestivo e as glándulas, cantas máis mellor. Como mínimo: boca, dentes, lingua, farinxe, epiglote, esófago, estómago, intestino delgado-duodeno, xexuno, íleo- intestino groso-cego, colon, recto, e ano. Tamén as glándulas salivares, o fígado e a vesícula biliar e o páncreas; ademais das glándulas gastricas da parede do estómago e as glándulas intestinais das paredes do intestino delgado.
  • Tamén deben aparecer neste exercicio os procesos que van ocorrendo ao longo do tubo dixestivo, canto máis detalle mellor. Como mínimo: inxestión, mastigación, insalivación, deglutición, movementos peristálticos, dixestión mecánica (na boca e no estómago), dixestión química (na boca, no estómago e no duodeno), a absorción (no intestino delgado e no intestino groso) e finalmente a formación das feces.
  • No lugar correspondente debes indicar que se forman o bolo alimenticio, o quimo e o quilo.
  • No lugar correspondente debes indicar os zumes dixestivos que actúan e a maiores as enzimas que actúan sobre cada un dos nutrientes do bocata de chourizo (glícidos do pan, proteínas da carne do chourizo e os lípidos da graxa do chourizo)

Última modificación: Luns, 1 de Marzo de 2021, 16:45