Tema 4 Aparello dixestivo. Solucións
3º BX TEMA 6 A NUTRICIÓN APARELLO DIXESTIVO E RESPIRATORIO
SOLUCIÓNS
1- Aparello dixestivo
ACTIVIDADES
Páxina 58 ACTIVIDADES 36, 37, 38
Páxina 47 Actividade 3, 5, 6
3 O duodeno é a primeira rexión do intestino delgado, de forma moi curvada. Vértense nel a bile, o zume pancreático e o zume intestinal.
4 Está situado na parte final do intestino groso, localizado na zona esquerda do abdome. Atópase conectado por arriba co colon transverso e polo extremo inferior co recto.
5 Hai glándulas situadas nas paredes do tubo dixestivo e glándulas situadas fóra do tubo dixestivo, que son as glándulas anexas.
No tubo dixestivo: glándulas do estómago e do intestino delgado.
Glándulas anexas: as glándulas salivares e o páncreas.
6 Non é correcta, posto que a bile, antes de ser vertida ao duodeno, é almacenada na vesícula biliar.
36
A. Boca.
B. Glándulas salivares.
C. Esófago.
D. Estómago.
E. Páncreas.
F. Intestino delgado.
G. Recto.
H. Intestino groso (ou colon).
37
ALIMENTO |
||
SALIVA |
||
BOLO ALIMENTICIO |
||
ZUME GÁSTRICO |
||
QUIMO |
||
BILE, ZUME PANCREÁTICO E ZUME INTESTINAL |
||
QUILO |
38
Boca |
Mastigación, insalivación. |
A amilase transforma glícidos complexos en azucres. |
Farinxe |
Deglutición |
|
Esófago |
Movementos peristálticos. |
|
Estómago |
Movementos peristálticos. |
A pepsina transforma as proteínas en cadeas curtas de aminoácidos. O ácido clorhídrico acelera estas reaccións. |
Intestino delgado |
Movementos peristálticos. Absorción de nutrientes. |
As lipases transforman os lípidos en glicerol e ácidos graxos. As peptidases transforman as proteínas en aminoácidos. As amilases transforman os glícidos en azucres sinxelos. |
Intestino groso |
Movementos peristálticos. Absorción de auga, sales minerais e vitaminas. |
Acción da flora intestinal. |
2- Os procesos dixestivos
ACTIVIDADES
Páxina 49 Actividades 8, 9, 10,12
paxina 58 actividade 39
8
Inxestión: consiste na entrada do alimento ao tubo dixestivo a través da boca mediante a mastigación, insalivación e deglutición.
Dixestión: prodúcese desde a boca ata o intestino delgado pasando polo estómago. Na boca segrégase un enzima coa saliva que transforma os glícidos complexos noutros máis simples; no estómago prodúcese a dixestión gástrica (ácido clorhídrico, pepsina), que dixire as proteínas fragmentándoas en cadeas máis curtas de aminoácidos. Por último, no intestino delgado, o zume pancreático, os zumes intestinais e a bile rompen os lípidos, glícidos e proteínas restantes en produtos máis simples.
Absorción: é o paso dos nutrientes obtidos na dixestión ata o sangue para que este os distribúa ata as células.
Formación de feces: unha vez que os refugos da dixestión alcanzan o intestino groso compáctanse, e ademais de perder auga e sales minerais, sofren a acción da flora bacteriana e finalmente fórmanse as feces fecais.
9 Na inxestión participan os dentes, a lingua, a farinxe, a epiglote e o esófago.
10 Prodúcense procesos mecánicos e procesos químicos. Os mecánicos consisten en triturar, cortar, esmagar e mesturar o alimento sólido para reducir o seu tamaño, aumentando así a superficie de contacto para favorecer as accións químicas.
Os procesos químicos prodúcense pola acción dos zumes dixestivos, que rompen as macromoléculas en produtos máis simples asimilables para as células.
11 Notamos o sabor doce cando actúa a amilase salivar degradando os glícidos complexos, como o amidón contido no miolo, ata glícidos sinxelos e de sabor doce como a maltosa e a glicosa.
12 Porque é o intestino o lugar en que se produce a absorción dos nutrientes.
3. Principais enfermidades do aparello dixestivo
4-Hábitos saudables asociados ao aparello dixestivo