SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES

TEMA 3 ALIMENTACIÓN E SAÚDE

1- Alimentación e nutrición

ACTIVIDADES

Px 29 Actividades 1,4 ACTIVIDADE 29 RESUMO ACT 30

1

Alimento é todo aquilo que comemos e que contén nutrientes. Exemplo: ovos, froita, peixe, etc. Nutrientes son as substancias químicas a partir das cales obtemos enerxía e sintetizamos a nosa propia materia. Exemplo: glícidos, proteínas e graxas.

4

Os nutrientes orgánicos realizan funcións estruturais (como as proteínas), enerxéticas (como os glícidos e os lípidos) e reguladoras (como as vitaminas).

29

Resumo.

A nutrición é o proceso mediante o cal os nutrientes chegan a cada célula co tamaño adecuado para poder ser absorbidos e utilizados nos diferentes procesos metabólicos.

Os nutrientes poden ser de dous tipos: inorgánicos e orgánicos.

A alimentación diferénciase da nutrición en que é un acto consciente e voluntario, mentres que a nutrición é un proceso involuntario e inconsciente.

Os alimentos clasifícanse segundo a función que realizan en: estruturais, enerxéticos e reguladores.

A respiración celular é o proceso mediante o cal se oxidan os nutrientes liberando a enerxía que conteñen.

A enerxía que se obtén dos alimentos pódese medir en calorías ou quilocalorías.

A taxa de metabolismo basal é a cantidade de enerxía medida en quilocalorías que o noso corpo consume nun día cando se encontra en repouso absoluto e a unha temperatura constante.

Unha dieta saudable é aquela que favorece o correcto desenvolvemento das persoas.

Os principais alimentos que constitúen a dieta mediterránea son: peixe, froitas, verduras, aceite de oliva, legumes, cereais e derivados lácteos.

As causas que producen a deterioración dos alimentos son ambientais e biolóxicas.

As principais técnicas de conservación dos alimentos son: en frío, por calor, por deshidratación e por adición de substancias químicas.

Un alimento transxénico é aquel ao que se lle introduciu material xenético doutro co fin de que adquira algunha calidade nova.

Os trastornos asociados á alimentación poden ser: intoxicacións, alerxias, obesidade, desnutrición, anorexia e bulimia.

30

táboa

NUTRIENTE

TIPO

FUNCIÓN

ALIMENTO

Auga

Inorgánicos

Medio en que se producen as reaccións metabólicas.

Vehículo de transporte de substancias.

Regula a temperatura do corpo.

Bebidas e alimentos ricos en auga como froitas e verduras.

Sales minerais

Inorgánicos

Función reguladora.

Estrutural formando parte de ósos e dentes.

Froitas, hortalizas e verduras.

Glícidos

Orgánicos

Son o combustible das nosas células.

Reserva enerxética.

Froitas, cereais, patacas, azucre e fariña

Lípidos

Orgánicos

Acumúlanse formando depósitos de reserva enerxética.

Dan forma ao corpo e protexen os órganos.

Aceites, froitos secos, manteiga e touciño.

Proteínas

Orgánicos

Forman parte de moitos tecidos e órganos.

Defenden do organismo.

Transportan osíxeno no sangue.

Peixes, carnes, leite e ovos.

Vitaminas

Orgánicos

Función reguladora. Importantes para o crecemento e o funcionamento de moitos procesos orgánicos.

Froitas, verduras, leite e froitos secos.

2- Os alimentos

ACTIVIDADES

Px 30 Actividades 7,8

Px 31 Actividades 9,10,11

ACTIVIDADE 31

7

Alimentos reguladores: tomate e mazá. Alimentos estruturais: bisté de tenreira e ovos. Alimentos enerxéticos: macarróns e manteiga.

8

É importante coñecer as funcións dos alimentos para facer unha dieta variada, sa e equilibrada, xa que temos que tomar alimentos dos tres grupos.

9

Interpreta a imaxe. Os grupos da roda dos alimentos que deben ter maior protagonismo na nosa dieta son:

grupo I, alimentos ricos en glícidos (pan, cereais, patacas, azucre, etc.);

grupo V, alimentos ricos en vitaminas e sales minerais (verduras e hortalizas);

grupo VI, alimentos ricos en vitaminas e sales minerais (froitas).

10

Interpreta a imaxe. Os alimentos que deben comerse en poucas ocasións están nos grupos I (bolos), II (manteiga e touciño febra), III (carne vermella e embutidos) e IV (queixo) da roda dos alimentos.

11

Interpreta a imaxe. No centro represéntase a auga e a actividade física, porque son vitais para o organismo e hai que telas en conta sempre.

31.

Os alimentos ricos en glícidos son os do grupo I.

Os alimentos ricos en lípidos son os do grupo II.

Os alimentos ricos en proteínas son os dos grupos III e IV.

Os alimentos ricos en vitaminas, sales minerais e auga son os dos grupos V e VI.

Os grupos da roda dos alimentos que debuxaría máis pequenos son o II e o IV, xa que estes alimentos deben ter menos protagonismo na dieta.

3- O valor enerxético dos alimentos

ACTIVIDADES

Px 32 Actividades 13 ACTIVIDADE 32, 33,34

13 Interpreta a imaxe.

A enerxía proporcionada por

100 g de lentellas, 333 kcal;

50 g de pan, 120 kcal;

150 g de peixe, 121,5 kcal;

50 g de patacas, 37,5 kcal;

50 g de chícharos, 30,5 kcal;

50 g de cenorias, 17 kcal;

100 g de melón, 27.

Total: 686,5 kcal.

32

O proceso que está producíndose é a respiración celular. O orgánulo en que se realiza é a mitocondria.

A. Materia orgánica.

B. Osíxeno.

C. Auga.

D. Dióxido de carbono.

E. Enerxía.

33

CONCEPTOS CLAVE.

A dieta é a cantidade e o tipo de alimentos que unha persoa inxire diariamente.

A taxa de metabolismo basal é a cantidade de enerxía medida en quilocalorías que o noso corpo consome nun día cando se encontra en repouso absoluto e a unha temperatura constante.

A quilocaloría é unha unidade de medida de enerxía. Unha caloría é a cantidade de calor que hai que subministrar a un gramo de auga para elevar a súa temperatura un grao centígrado.

34

Para que unha dieta sexa equilibrada debe proporcionar todos os tipos de nutrientes e nas cantidades adecuadas para asegurar o bo funcionamento do organismo. (A OMS aconsella que a enerxía debe proceder nun 15% das proteínas, 30% dos lípidos e o 55-60% dos glícidos)

4- Necesidades enerxéticas

ACTIVIDADES

Actividade 37

37

a. Falsa. Os macarróns son alimentos moi ricos en glícidos.

b. Falsa. Canto maior é a actividade física que realizamos maior é a cantidade de calorías que debemos inxerir.

c. Falsa. A alerxia prodúcese cando o organismo reacciona desfavorablemente a algún compoñente dos alimentos.

5- Unha dieta saudable e equilibrada

ACTIVIDADES

ACTIVIDADE 36, 37

36

a. O principal nutriente que achegan a carne (A) e o peixe (B) son as proteínas.

b. Na dieta mediterránea abunda máis o peixe ca a carne. A dieta mediterránea é unha dieta equilibrada e saudable (prevén as enfermidades cardiovasculares) que está baseada en produtos frescos, locais e de temporada na medida do posible.

6- Conservación e manipulación dos alimentos

ACTIVIDADES

Px 37 Actividades 24 (carné de manipulador) ACTIVIDADE 35

35

• Refrixeración e conxelación son técnicas de conservación en frío. A diferenza entre elas é a temperatura á que se manteñen os alimentos: refrixeración por enriba de 0 °C e conxelación por debaixo de 0 °C.

• Pasteurización, esterilización e ultrapasteurización son técnicas de conservación por calor. A diferenza entre elas é a temperatura á que se realiza e o tempo de aplicación: pasteurización, temperatura inferior a 100 °C durante uns segundos; esterilización, temperatura maior de 100 °C durante un tempo determinado; e ultrapasteurización, maior temperatura ca na pasteurización, pero durante menos tempo.

• Deshidratación e liofilización son técnicas de conservación por deshidratación. A diferenza é que na liofilización os alimentos se conxelan antes de deshidratalos.

7- Trastornos asociados á alimentación

ACTIVIDADES FINAIS

43,44,45

Formas de pensar, análise científica 46,47,48

43

Se ao facer a compra se collen ao final os alimentos refrixerados e conxelados, mantense mellor a cadea de frío ata chegar á casa.

Se o envase está danado, os alimentos poden estar contaminados, por iso hai que asegurarse de que o envase estea en bo estado.

Os alimentos débense separar dos produtos de limpeza para evitar que a rotura dos envases destes os contaminen.

44

Temos que ter en conta que 1 g de glícidos ou 1 g de proteínas proporciona 4 kcal, e 1 g de lípidos, 9 kcal. Ademais, 1 kcal = 4,18 kJ.

Por tanto, 40 g de glícidos proporcionan: 40 × 4 = 160 kcal;

40 g de lípidos proporcionan: 40 × 9 = 360 kcal;

100 g de proteínas proporcionan: 100 × 4 = 400 kcal,

logo a suma de calorías indica o total das calorías proporcionadas polo alimento, que serían 920 kcal.

Expresada en quilojoules correspondería a 3 845,6 kJ.

45 COMPRENSIÓN LECTORA.

Porque son etapas de crecemento e desenvolvemento do organismo.

A dieta actual dos adolescentes españois é rica en alimentos enerxéticos, produtos como bolos e bebidas carbonatadas, e pobre en froitas e verduras, o que favorece a obesidade.

A falta de actividade física.

Formas de pensar. Análise científica

46

Porque para o ano 2050 prevese que a poboación humana sexa o dobre da actual e os recursos alimenticios non crecerán a ese ritmo.

47

Actualmente, tanto a agricultura coma a gandaría consumen moitos recursos e contaminan a terra, as augas superficiais e os acuíferos. Nos laboratorios estase avanzando moito en novas tecnoloxías de obtención de alimentos que consumen menos recursos, son menos contaminantes e, por tanto, máis respectuosas co medio ambiente.

48 USA AS TIC. Resposta libre.

Última modificación: sábado, 30 de xaneiro de 2021, 11:49