ATENCIÓN Á MATERIAS PENDENTES. CURSO 2020-21

BIOLOXÍA XEOLOXÍA

Para a recuperación das materias pendentes o departamento tomará as seguintes medidas:

O Departamento informara ao alumnado con materias pendentes directamente e a través dos titores e titoras, explicándolles en que consiste a recuperación de ditas materias. Comunicarase ao alumnado o lugar e hora no que poderán consultar as dúbidas no Departamento, ase mesmo o alumnado que curse materias de Bioloxía e Xeoloxía poderá consultar ca súa profesora ou profesor no horario de clase. Toda a información estará dispoñible na aula virtual do centro, onde se abrirá un curso destinado especificamente ao alumnado con materias pendentes.

As materias pendentes recuperaranse mediante a realización dun caderno de actividades ademais da realización de dúas probas escritas ordinarias. En caso de non recuperar a materia pendente de xeito ordinario, haberá unha proba escrita en setembro, na proba de setembro non será necesario entregar o caderno.

Os contidos e criterios de avaliación que se terán en conta son os propostos na programación didáctica anual na que cursou a materia pendente, este curso debido ao cese das clases pola covid-19 os contidos avaliados serán os impartidos durante o período presencial do curso 19-20

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NA ESO

  • Pendente de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO e 3º ESO

Para facilitar a recuperación de materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía do alumnado da ESO dividirase a materia en dúas partes.

A materia recuperarase mediante:

    • Primeira parte: o alumnado entregara a primeira parte do caderno de actividades e realizará un primeiro exame en Xaneiro ca metade do contido teórico da materia.

    • Segunda parte: o alumnado entregará a segunda parte do caderno de actividades e realizará un segundo exame en maio ca segunda parte; en caso de suspender o primeiro presentaranse con toda a materia no segundo exame, asemade se a valoración da primeira parte do caderno non é positiva terá a opción de corrixilo e entregalo en maio.

A nota ordinaria dependera tanto do caderno de actividades como do resultado do exame, correspondendo o 40% ao caderno e o 60% ao exame. Para facer a media é obrigatorio ter unha nota superior a 5 no caderno de actividades e un mínimo de 3,5 na proba escrita. A realización dos cadernos de actividades é obrigatoria para superar a materia pendente por parciais.

Na proba extraordinaria de setembro a nota corresponderá o 100% á proba escrita.

En caso de confinamento ou corentena o alumnado debe subir os seus cadernos de actividades na aula virtual e realizarase unha proba tipo exame a través da mesma. En caso de ensino non presencial en setembro a avaliación será exclusivamente a través da aula virtual, ca entrega dos cadernos.

Os contidos e criterios de avaliación que se terán en conta son os propostos na programación didáctica anual na que cursou a materia pendente, este curso debido ao cese das clases pola covid-19 os contidos avaliados serán os impartidos durante o período presencial do curso 19-20

  • Alumnado de PMAR con Pendente de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO

Para o alumnado de PMAR propóñense as seguintes medidas

  1. O alumnado de PMAR terá que entregar un caderno de preguntas e terán que obter unha cualificación superior a cinco para aprobar a materia. A entrega dos cadernos nas datas sinaladas é obrigatoria para superar a materia pendente. Terase en conta os resultados e o traballo.

  2. O alumnado de PMAR será atendido polo profesorado encargado do Ámbito Científico en coordinación co profesorado da materia.

2. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 1º BAC

O procedemento será semellante o dos cursos da ESO pero a cualificación será de 20% para os caderniños e o 80% da nota do exame.

O alumnado matriculado na materia de Bioloxía de 2º de Bacharelato que non tivera cursado a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, deberá realizar un exame a principio de curso cos contidos desta materia, en caso de non superar este exame, seguirán o mesmo procedemento que o alumnado coa materia pendente.

Última modificación: mércores, 11 de novembro de 2020, 8:30 PM