Son tres documentos da Editorial SM:

- Aprendizaxe Cooperativa: baseado no libro dos responsables do curso de formación que nós estamos levando a cabo (Pere Puyolás e José Ramón Lago), presentan aquí unha descripción moi boa da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa. Moi ben explicada, moi clara e ordeada, e máis dirixida a Educación Secundaria que o propio libro dos autores mencionados. Atoparedes aquí os tres ámbitos da metodoloxía: as dinámicas de cohesión (A), as estruturas de traballo en equipo (B), e a avaliación da aprendizaxe cooperativa (C). Neste último ámbito, exemplos de rúbricas moi aproveitables.

- Aprender a pensar: material para ensinar a pensar ao alumnado, aproveitable para calqueira metodoloxía docente que esteamos a utilizar, non so para a aprendizaxe cooperativa. Está organizado en tres apartados: no primeiro ofrece unha relación do que chama organizadores visuais de esquematización do pensamento, é dicir, elaboración de mapas conceptuais, cronogramas, diagramas, chuvias de ideas ..., etc explicando e exemplificando en que consisten e o momento máis axeitado do proceso de ensino-aprendizaxe para utilizalos; no segundo apartado hai unha relación de estratexias, ás que chaman faros do pensamento, para suscitar e guiar o pensamento; o terceiro apartadot rata sobre metacognición, é decir, a reflexión sobre a aprendizaxe con exemplos de checklist e rúbricas de autoavaliación. Todo un material moi interesante para traballar na aula a competencia de Aprender a aprender e a estimulación dos distintos tipos de pensamento (tema tratado no curso de COMBAS).

- Aprender a pensar (material fotocopiable dos esquemas e rúbricas presentados no anterior  documento)

Última modificación: domingo, 27 de novembro de 2016, 11:00