ACORDOS 09/11/16

Na reunión celebrada o pasado 09/10/16, e tras revisar o planificado para este curso 2016/2017, chegamos aos seguintes acordos:

  • Abrir un foro neste tema de planificación para ir aportando ideas en referencia ás cousas que podemos ir facendo ao longo deste período a maiores das xa expostas na páxina de planificación.
  • Convocar ao alumnado a semana do 14 ao 18 de novembro para explicarlles a eles a planificación inicial proposta.
  • Elaborar un tríptico para que, a través das titorías, se informe ao alumnado de que existe este servizo de mediación. Ese tríptico quedará exposto nos taboleiros de cada aula.
  • Imprimir modelos oficiais de solicitude de mediación para que queden nas aulas a disposición do alumnado que necesite utilizalos.
  • Solicitar á dirección do centro que coloque un buzón para aquel alumnado que non se atreva a solicitar mediación directamente aos membros da dirección ou do equipo de mediación.
  • Facer un calendario no que o alumnado que forma parte do equipo de mediación pase polas aulas presentando o servizo de mediación)

Ademais, informouse das sesións de formación externa:

  • Martes 13 de decembro de 2016, de 16:00 a 19:00: Pedro Urueña. Sesión sen alumnado.
  • Outra sesión sen data que poderá versar acerca da mediación en casos de cyberbullying na que estará presente o alumnado.
Última modificación: Domingo, 13 de Novembro de 2016, 23:11