Documentos 1ª sesión

Vos recordo que nesta reunión debemos facer o seguinte:

- Crear a Comisión de AC do noso centro, encargada de dinamizar a AC no centro e de  transmitir á Dirección as decisións  e peticións do profesorado involucrado

- Decidir como levar a cabo o plan de presentación e apoio de AC no centro (para o profesorado que se incorpora). A partir do 19 de outubro.

- Elaborar o Plan de Mellora da AC no noso centro (debemos entregalo ao CEFORE o 2 de novembro)

- Quen sexa titora/titor debe ir elaborando a Carpeta de Aula, documento no que se inclúen o do Plan de consolidación 16-17 e o das pautas para a análise da cohesión do grupo-clase (este último xa o utilizamos o ano pasado). Este documento o irán cubrindo titoras e titores durante todo o curso.

Aquí vos deixo tamén o cadro da situación da AC no centro (xa actualizado).

Última modificación: Sábado, 15 de Outubro de 2016, 20:27