Este é o traballo para o 3º trimestre que xa debedes empezar a facer:
Deseñar e desenvolver unha unidade didáctica na que se empleen estruturas cooperativas. Para o cal temos o seguinte material:
Confección da UD baseada en estruturas cooperativas (Univ de Vich)
Exemplo de UD baseada en estruturas cooperativas (Carmen Vaz, asesora CEFORE)
E no seguinte enlace tedes o deseño dunha tarefa con metodoloxía cooperativa:
Modelo para o deseño da tarefa

Cubrir o Autoinforme 3 coas conclusións derivadas de poñer en práctica esa unidade didáctica. No seguinte enlace tedes os Autoinformes 3 do ano pasado e o que se dixo na reunión á que foron levados:
Autoinformes 3 (14-15)

Máis adiante, despois da reunión con Ana Mariño:

Facer un Caderno de Equipo co seu Plan de Equipo e o Diario de sesións.
Explicacións sobre o Caderno de Equipo
Grella Caderno de Equipo

A información para todo isto está tamén nas entradas deste curso Ámbito B e Ámbito C (do ano pasado) que podedes ir consultando, non obstante na reunión do vindeiro luns 14 de marzo o clarificaremos todo.


Última modificación: Xoves, 14 de Xullo de 2016, 16:43