• Grupo de traballo de 30 horas das cales
    • 6 serán de formación externa (dúas sesións de 3 horas)
    • 9 de traballo individual
    • 15 de reunións do grupo de traballo (5 sesións de 3 horas)
  • As 6 horas de formación externa poderán ser en común co curso de resolución de conflitos, debido a que a temática é similar. Nalgunha delas, ou nas dúas, deberiamos contar coa presenza do alumnado que forma parte do equipo de mediación escolar para que participen tamén nesta formación.
  • As 15 de reunións do grupo de traballo podémolas destinar a:
    • Elaborar materiais e aportar ideas para a divulgación do servizo de mediación:
      • Informar ao alumnado a través d@s titor@s
      • Elaborar trípticos para poñer nas aulas (orzamento dispoñible?)
      • Imprimir modelos de solicitudes de mediación para que estean a disposición do alumnado en (aulas?, conserxería?,...)
      • Solicitar un buzón onde o alumnado poida deixar as solicitudes
      • O alumnado que forma parte do equipo de mediación podería facer divulgación do servizo pasando polas aulas??
      • ...
    • Revisar o protocolo de mediación en función das necesidades que vaian xurdindo:
      • Coordinación co equipo de convivencia
      • Derivación da aula de convivencia ao servizo de mediación e viceversa
      • ...
    • Formar ao novo alumnado e recordar aspectos da formación ao alumnado do curso pasado. Podería ser  interesante facer "rolle playing" nos que mediasen un/unha alumn@ nov@ con un/unha xa formad@. 
    • Elaborar documentos para facer o seguemento das actuacións realizadas polo equipo de mediación.
    • Comenzar coa mediación entre non iguais (ata o de agora estivemos centrados na formación en mediación entre iguais alumn@ - alumn@)
Última modificación: sábado, 5 de novembro de 2016, 9:09 PM