3. Idea clave 3 "Hai sexismo na publicidade"

Idea clave 3 "Hai sexismo na publicidade"

Actividade 6, 7

Contidos.

  • Definición de publicidade sexista

  • Decálogo para detectar, identificar o sexismo na publicidade

  • Decálogo para favorecer a publicidade non sexista.

Que perseguimos con iso?

Que o alumnado tome conciencia do contido sexista dos anuncios publicitarios, aprenda a detectalo e a analizalo e á vez fomentar, nelas e eles, a defensa dos dereitos das mulleres e a repulsa a imaxe sexista e nesgada que mostra a publicidade, como estratexia eficaz para conseguir eliminalo.

Información de apoio.

A publicidade non só nos convida a consumir, senón que tamén serve para transmitir determinadas formas de ver ou entender a vida. E aquí é onde radica o seu maior perigo: a publicidade inflúe cada día, mesmo sen darnos conta, na nosa forma de pensar e actuar.

Son aínda frecuentes as campañas publicitarias baseadas en roles sociais estereotipados, que perpetúan a desigualdade entre sexos, adxudicando á muller unha posición de subordinación respecto ao home. Anuncios sexistas, discriminatorios que, lonxe de fomentar hábitos igualitarios, seguen presentando ás mulleres de forma vexatoria, como mero obxecto sexual ou ben como "responsables" da casa e o coidado dos fillos e persoas dependentes.

Considérase que a publicidade debe respectar os dereitos fundamentais que o noso ordenamento xurídico recoñece a fin de consolidar os valores sobre os que debe asentarse unha sociedade democrática.

Os anuncios sexistas non respectan o establecido na Lei de Igualdade nin na Lei Xeral de Publicidade de 1988, que considera publicidade ilícita toda aquela que "atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores e dereitos recoñecidos na Constitución".

A publicidade debe evitar os contidos e manifestacións discriminatorias ou que inciten á violencia e é responsabilidade de toda a sociedade vixiar que isto se cumpre. De aí a importancia de formar a adolescentes e mozas na análise crítica da publicidade.

Cando podemos dicir que unha determinada publicidade é sexista?, Como identificar o sexismo na publicidade? Os anuncios sexistas non sempre son explícitos, por iso é importante saber detectalo. É moi útil ter en conta unha serie de criterios que nos faciliten a detección do sexismo nos anuncios publicitarios, algúns deles veñen recollidos no seguinte decálogo:

Decálogo para Identificar o sexismo na publicidade.

  1. Promover modelos que consoliden pautas tradicionalmente fixadas para cada un dos xéneros.

  2. Fixar uns estándares de beleza considerados como sinónimo de éxito.

  3. Presentar o corpo como un espazo de imperfeccións que hai que corrixir.

  4. Situar aos personaxes femininos nunha posición de inferioridade e dependencia.

  5. Negar os desexos e vontades das mulleres e mostrar como "natural" a súa adecuación aos desexos e vontades dos demais.

  6. Representar o corpo feminino como obxecto, esto é, como valor engadido aos atributos dun determinado produto, como o seu envoltorio en definitiva.

  7. Mostrar ás mulleres como incapaces de controlar as súas emocións e as súas reaccións, "xustificando" así as prácticas violentas que se exercen sobre elas.

  8. Atentar contra a dignidade das persoas ou vulnerar os valores e dereitos recoñecidos na Constitución.

  9. Reflectir de forma errónea a situación real das mulleres con discapacidade contribuíndo á non sensibilización necesaria para un tratamento óptimo dos temas que lles afectan.

  10. Utilizar unha linguaxe que exclúa a mulleres, que dificulta a súa identificación ou que as asocie a valoracións pexorativas.

Ademais da detección e eliminación das mensaxes sexistas, é importante que as empresas publicitarias establezan criterios baseados na igualdade e non discriminación en todas as propostas publicitarias. Vexamos algunhas ideas que contribuirán positivamente a conseguilo:

Decálogo contra a publicidade sexista.

  1. Utilizar o corpo da muller e do home non solo para captar atención como reclamo, senón para transmitir calquera mensaxe de contido humano.

  2. Focalizar imaxes en partes do corpo de muller sen contido erótico.

  3. Excluír escenas que representen sometemento sexual.

  4. Evitar mensaxes que inciten aos malos tratos.

  5. Transmitir mensaxes de produtos dirixidos a homes e a mulleres.

  6. Utilizar unha linguaxe non sexista.

  7. Promover o respecto e a igualdade nas relaciones entre homes e mulleres.

  8. Evitar estándares de beleza feminina que determinan unha muller bela e delgada como sinónimo de éxito.

  9. Utilizar indistintamente a voz do home como a da muller para dar autoridade, credibilidade e fiabilidade.

  10. Fomentar o recoñecemento das achegas da muller á sociedade en todos os ámbitos.