3. Idea clave 3 "Hai sexismo na publicidade"

3.1. Actividade 3: Mitos ou realidade

FICHA DE TRABALLO 3

 

ACTIVIDADE 3 MITOS OU REALIDADE

FICHA DE TRABALLO

Le detidamente cada enunciado e expresa se estás de acordo ou non e por que.

ENUNCIADO

V

F

OBSERVACIÓNS

Se é tan celoso comigo, é porque me quere de verdade...

Amar é sufrir

O amor é algo máxico

Os mozos e as mozas viven o amor de forma diferente

Non poderei ser feliz se non teño unha relación de parella

Sacrificaría calquera cousa por amor

Co meu amor farei que cambie e todo irá ben entre nós...

O amor pódeo todo

Algunha vez humilloume, pero eu sei que me quere...

O amor é o máis importante na vida

(En Bosch Fiol, 2007)

Algunhas cuestións para guiar o debate.

  • Creedes que, mozas e mozos, teñen moitas veces unha idea do amor que se afasta da realidade?

  • Unha moza que vive unha relación de parella baseada neste tipo de amor Que valor ou peso ten a súa opinión? Que atencións recibe por parte do seu mozo? Ese tipo de relación proporciónalle alegría e felicidade? Enriquece a súa vida ou é un lastre para o seu desenvolvemento persoal?

  • Cal é o obxectivo dos malos tratos? E as consecuencias?

  • Como actuariades se percibides que algunha amiga ou amigo está inmersa/ou nunha relación insana?

  • Como vos gustaría que actuasen as túas amigas ou amigos se perciben que a túa relación de parella é tóxica?

  • Como crees que debería ser unha relación de parella para considerala sa?

  • Que estarías disposta a facer se a túa relación non é sa?

A continuación, propomos a elaboración, entre todos e todas, dun decálogo de características que deben reunir as relacións de parella para que sexan satisfactorias.