Actividades de igualdade

Actividades de igualdade

Consellería de Presidencia Dirección Xeral de Prevención de Violencia de Xénero, Mocidade, Protección Xurídica e Reforma de Menores

Unidade Didáctica de Prevención da

Violencia de Xénero en Mozos e Adolescentes

Bloque 1. Actividades de sensibilización en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Idea clave 1. "Previmos a violencia sensibilizando en igualdade" 10

Actividade 1. "Roles e estereotipos diferenciais" 13

Actividade 2. "Eliximos profesión" 14

Idea clave 2. "Desmontando mitos de amor romántico" 15

Actividade 3. "Mitos ou realidade"" 19

Actividade 4. "Análise de cancións" 20

Actividade 5. "Rompendo cancións" 26

Idea clave 3. "Hai sexismo na publicidade"" 26

Actividade 6. "Analizamos anuncios publicitarios" 29

Actividade 7. "Elaboración de anuncios non sexistas" 29

Bloque 2. Actividades de formación e sensibilización sobre violencia de xénero: concepto, tipos, ciclo e mitos.

Idea clave 4. "Falamos de Violencia de Xénero" 30

Actividade 8. "Que é a violencia de xénero?" 38

Actividade 9. "Identificando tipos de violencia" 39

Actividade 10. "Análise de casos" 40

Actividade 11. "Viñetas e violencia de xénero" 43

Actividade 12. "Denunciamos os malos tratos" 43

Bloque 3. Actividades de adestramento para a detección e identificación da violencia de xénero.

Idea clave 5. "Detectamos a violencia de xénero" 45

Actividade 13. Contrólame a miña parella? 48

Idea clave 6. "Por unhas relacións sas" 51

Actividade 14. "Podemos cambiar por amor?" 53

Actividade 15. "Como son" 55

Actividade 16. "Como debe ser a miña parella"? 55

1. Idea clave 2.-Desmontando mitos de amor romántico?

1.2. ACTIVIDADE 2

ACTIVIDADE 2. ELIXIMOS PROFESIÓN

Metodoloxía

Lanzamos ao gran grupo a seguinte pregunta: Que profesión te gustaría desempeñar de maior?

Individualmente, cada alumno e alumna reflexionará sobre o oficio ou profesión á que lle gustaría dedicarse no futuro. Anótase na lousa a listaxe de oficios ou profesións elixidas por mozos e outra listaxe coas elixidas polas mozas.

Seguidamente foméntase o debate en clase a partir de cuestións como:

  • Por que fas esa elección e non outra?

  • Consideras que esta elección profesional inclúe un importante compoñente sexista?

  • Que profesión elixirías se o teu xénero fose o contrario?

  • Crees que hai profesións femininas e profesións masculinas?

  • Algunha moza desexaría traballar en algunha desas denominadas "profesións masculinas" e os mozos nas definidas como "femininas"?

  • Coñecedes a algunha muller ou a algún home que traballe en profesións non consideradas propias do seu sexo?