Actividades de igualdade
3. Idea clave 3 "Hai sexismo na publicidade"
3.1. Actividade 3: Mitos ou realidade
FICHA DE TRABALLO 3
ACTIVIDADE 3 MITOS OU REALIDADE
FICHA DE TRABALLO |
|||
Le detidamente cada enunciado e expresa se estás de acordo ou non e por que. |
|||
ENUNCIADO |
V |
F |
OBSERVACIÓNS |
Se é tan celoso comigo, é porque me quere de verdade... |
|||
Amar é sufrir |
|||
O amor é algo máxico |
|||
Os mozos e as mozas viven o amor de forma diferente |
|||
Non poderei ser feliz se non teño unha relación de parella |
|||
Sacrificaría calquera cousa por amor |
|||
Co meu amor farei que cambie e todo irá ben entre nós... |
|||
O amor pódeo todo |
|||
Algunha vez humilloume, pero eu sei que me quere... |
|||
O amor é o máis importante na vida |
|||
(En Bosch Fiol, 2007) |
Algunhas cuestións para guiar o debate.
-
Creedes que, mozas e mozos, teñen moitas veces unha idea do amor que se afasta da realidade?
-
Unha moza que vive unha relación de parella baseada neste tipo de amor Que valor ou peso ten a súa opinión? Que atencións recibe por parte do seu mozo? Ese tipo de relación proporciónalle alegría e felicidade? Enriquece a súa vida ou é un lastre para o seu desenvolvemento persoal?
-
Cal é o obxectivo dos malos tratos? E as consecuencias?
-
Como actuariades se percibides que algunha amiga ou amigo está inmersa/ou nunha relación insana?
-
Como vos gustaría que actuasen as túas amigas ou amigos se perciben que a túa relación de parella é tóxica?
-
Como crees que debería ser unha relación de parella para considerala sa?
-
Que estarías disposta a facer se a túa relación non é sa?
A continuación, propomos a elaboración, entre todos e todas, dun decálogo de características que deben reunir as relacións de parella para que sexan satisfactorias.