Actividades de igualdade

1. Idea clave 2.-Desmontando mitos de amor romántico?

1.2. ACTIVIDADE 2

ACTIVIDADE 2. ELIXIMOS PROFESIÓN

Metodoloxía

Lanzamos ao gran grupo a seguinte pregunta: Que profesión te gustaría desempeñar de maior?

Individualmente, cada alumno e alumna reflexionará sobre o oficio ou profesión á que lle gustaría dedicarse no futuro. Anótase na lousa a listaxe de oficios ou profesións elixidas por mozos e outra listaxe coas elixidas polas mozas.

Seguidamente foméntase o debate en clase a partir de cuestións como:

  • Por que fas esa elección e non outra?

  • Consideras que esta elección profesional inclúe un importante compoñente sexista?

  • Que profesión elixirías se o teu xénero fose o contrario?

  • Crees que hai profesións femininas e profesións masculinas?

  • Algunha moza desexaría traballar en algunha desas denominadas "profesións masculinas" e os mozos nas definidas como "femininas"?

  • Coñecedes a algunha muller ou a algún home que traballe en profesións non consideradas propias do seu sexo?