Actividades de igualdade

1. Idea clave 2.-Desmontando mitos de amor romántico?

1.1. ACTIVIDADE 1

ACTIVIDADE 1. "ROLES E ESTEREOTIPOS DIFERENCIAIS"

Metodoloxía.

En pequenos grupos segregados por sexo.

Situade as seguintes responsabilidades, calidades e trazos persoais en cada unha das columnas, segundo consideredes propios de homes ou de mulleres:

Tenrura, valentía, debilidade, agresividade, beleza, ama de casa, comprensión, sensibilidade, responsable do sustento económico da familia, delicadeza, submisión, iniciativa, responsable do apoio emocional da familia, pasividade, autoridade, dominio, ámbito público, frialdade, debilidade, rol produtivo, rol reprodutivo, deportistas, fortes, competitividade, crianza fillas/vos, doces, independentes, centrado/a nos demais, manipuladores/as, descoidados/as, impulsivos/as, responsables, centrado/a en si mesmo/a, ordenados/as, emocionais.

Mulleres

Homes

Ambos

En gran grupo, anotamos nunha delas a clasificación de calidades e tarefas que fixeron as mozas. O mesmo coa clasificación feita polos mozos.

Entre todo o alumnado, compárase e comproba se hai diferenzas na asignación de trazos que fan uns e outras e debatese sobre as diferenzas percibidas.

Para guiar este debate, propóñense as seguintes preguntas:

  • Sentédesvos identificadas/dos coas calidades da vosa columna?

  • É posible intercambialas?

  • Estas calidades, creedes que son innatas ou aprendidas?

  • Que pasa cando unha moza ou un mozo expresa un estereotipo non asignado ao seu xénero?

  • Coñeces algún estereotipo utilizado para insultar a un xénero ou a outro?

  • Que opinión te merece?