Opcións de matriculación

Boas a todas/os!
Neste curso de 3º da ESO faremos pasearemos tanto pola Xeografía Económica como pola Historia Moderna. 
O noso camiño comezará coa recuperación daqueles contidos que non puidemos traballar no curso anterior, polo que comezaremos polo estudio das cidades, as súas características, funcións e modelos. Acto seguido, traballaremos as diferentes paisaxes naturais e humanizados, para rematar cunha pequena aproximación ao principais retos e problemas medioambientais.
Nunha segunda parte do curso entraremos nos contidos propios de 3º ESO. Os primeiros aspectos a tratar están relacionados co repaso da organización político-territorial española. Posteriormente, estudaremos en profundidade os sectores económicos no mundo (primario, secundario e terciario), e analizaremos as causas das desigualdades económicas entre países.
Na terceira e última parte do curso camiñaremos pola apaixonante Historia Moderna. Coñeceremos o modelo de Estado xurdido desta realidade socio-histórica e a organización das monarquías modernas, xunto cos conflictos que provocaron. Viaxaremos ao longo dos mares e océanos para entender a extensión de Castilla e Portugal polo mundo e por América específicamente. Por último, profundizaremos na cultura propia deste momento (o Humanismo) e veremos como pintan, proxectan ou extraen da pedra artistas como Sofonisba, Miguel Anxo ou Velázquez.
Sen máis, moito ánimo a todas/os neste curso!
Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.