Skip to Content

Baloncesto de campionato

Por primeira vez participamos este ano na Copa Colegial de baloncesto, con equipo tanto na categoría feminina como na masculina. Os adestradores foron Manuel e Alba e os equipos estiveron integrados por xogadores de 3º da ESO a 1º de Bacharelato, cun total de 19 participantes.

Os resultados foron espléndidos en todos os sentidos. O equipo masculino venceu na final (ver crónica) ao equipo de Santa María del Mar e foron os campións. O equipo feminino quedou subcampión logo dunha esforzada final (ver crónica) co equipo de Dominicos.

Como se ve, non lles puido a presión de ser novatos da competición.

Agora no Instituto temos un estandarte do que estamos orgullosos e, sobre todo, un grupo de deportistas que abriron un camiño novo para acadar boas experiencias.

Noraboa, campións!



story | by Dr. Radut