Na aula
Xiz, titora, tarefa, listaxe, tableta, exame, estoxo, quenda, resumo, proxector, arquivo, caderno, sinatura, parágrafo, estudante, avaliación, lapis óptico, cualificación, rede sen fios, apuntamentos, materia, ensinanzas, arquivador, contrasinal, encerado dixital.
Exercicio 2, páxina 48
Creade un ficheiro para cada disciplina
cada alumno presentarase na súa vez.
A firma ten que ir debaixo desta raia.
Que nota esperas sacar nesta proba?
O importante no ensino non é aprender listas de cousas de memoria.
Exercicio 5, páxina 48
Escribe os nomes completos de todas as materias que tes este curso.
Exercicio 7, páxina 48
Usa palabras da familia de estudo:
- Para aprobar hai que __________ todos os días.
- Minia sempre foi unha rapaza moi _________
- Eu o de Sociais xa o teño todo ______________
exercicio 6, páxina 48
Escribe un verbo de cada familia léxica:
Ensinanza, sinatura, avaliación, proxector, arquivo, cualificación.
Exercicio 8, páxina 48
Estudo é o esforzo intelectual para comprender e aprender algo.
Estudio é un local no que traballa un profesional (pintor, escultor, arquitecto...) ou onde se realizan gravacións diversas.
Completa:
- Gaspar traballa nun _________ de dobraxe
- Para pintar montei un _______ no baixo da miña casa
- A mellor recompensa do ___________ chegará no futuro.